sábado, 24 de noviembre de 2012

A EVALUACIÓN DA INFORMACIÓN NAS WEBS



Á hora de buscar información na rede, debemos ser coidadosos coa escolla. A miúdo, atopámonos con contidos incorrectos ou mal identificados que debemos tratar antes de publicar ou ter en conta para elaborar as nosas propias creacións.
A calidade dos contidos, sen embargo, é algo subxectivo que depende dos ollos de quen o mire. Así, o que para unha persoa é un dato indispensable, para outra pode ser totalmente prescindible; a información sen a cal non se podería elaborar un traballo pode sobrar en moitos outros... Así, pode determinarse que a calidade depende de moitos factores en función das características da información e de aquelo que se quere elaborar. No caso dos documentos dixitais, as características a ter en conta máis salientables son a autoría, a actualidade, o contido, o deseño, a accesibilidade e a audiencia.
A autoría fai referencia tanto ao autor da información coma ao lugar no que esta está ubicada. Ademais de saber o nome do autor, debemos coñecer algo sobre este que nos permita diferenciar os posibles intereses que poida albergar con respecto aos datos que publica. A autoridade (estalle permitido falar sobre o que o fai? Que formación ten?) así como un contacto tamén han de ser tidos en conta. Se está relacionado cun organismo debemos preguntarnós se o que publica responde aos intereses deste ou aos propios, e de telos, cales son os seus propósitos. Ademais, o feito de que o traballo estea colgado en sitios web identificados con .org, .com ou .edu dalles máis fiabilidade.
A actualidade móstranos a atención que o autor lle presta ao sitio web e ao documento que nel se presenta. Non se refire tan só ao texto cos datos datos, senón tamén aos recursos multimedia, aos interactivos e á hemeroteca que o compoñen. Os enlaces rotos son un mal síntoma, e se hai moito tempo da última actualización é algo a ter en conta á hora de recoller a información de xeito negativo. Así mesmo, a periocidade coa que se publica vólvese fundamental.
O contido fai referencia a dous aspectos fundamentais: á exactitude e á obxectividade. Por un lado, o contido é o asunto que se trata e a forma na que este tratamento lle é dado. A calidade, a orixinalidade, o título acorde co tema e os enlaces, fontes, citas e referencias que nos leven a unha ampliación da información son os elementos que debemos ter en conta para avaliar a validez da información. Se ademais está correctamente escrito, sen erros de ningún tipo e é sinxelo entender o que nos conta, o interés do documento aumenta considerablemente. En canto á obxectividade, hai que ter en conta que nunca é total, xa que todo texto conleva subxectividade, pois depende da persoa que o elabora, con opinión e criterio propio. Non obstante, podemos atopar textos bastante obxectivos se intentamos buscar algúns elaborados por autores que non estean vinculados a ningún organismo ou que, de estalo, os elaboren de xeito independiente. Se a publicidade é independente da páxina, a quen vai dirixida, o rigor, a independencia e a cantidade de datos tamén deben ser tidos en conta.
A audiencia á que vai dirixida a información determina non só as características desta, senón tamén como está expresada. Así, se é máis especializada, contén termos que só un determinado sector con coñecementos provios pode chegar a asumir. Non obstante, o mellor é que a web sexa accesible para o maior número de persoas en calquera situación e en calquera momento.
O deseño da páxina pode chegar a facilitar enormemente a comprensión do que nela se expón. A facilidade para navegar e a flexibilidade dos hiperenlaces favorece que a xente quede máis tempo na web. Cores que non molesten a lectura, debuxos e gráficos simplificadores da información, partes (cabeceira, barra de navegación, contido, contacto e webmaster) ben diferenciadas, tipografía elixida con criterio... todo esto debe ser tido en conta polo lector. Se a páxina está en construcción ou a información que proporciona non é completa, é perxudicial. Ademais, débese indicar a posible existencia da versión impresa (como sucede cos xornais, por exemplo) e a maneira de poder acceder a ela coa maior rapidez e facilidade.

A miúdo usamos as páxinas web sen ter moi en conta que os criterios de fiabilidade que a información ofertada nas mesmas sexan positivos. Navegamos con rapidez, moitas veces apenas permanecemos o suficiente nun espazo web para ler por riba de que trata, co cal a asimilación nos resulta cando menos dificultosa. Non nos preguntamos sobre a autoría e os intereses que conleva, a posiblidade de que detrás estea un interés empresarial, económico ou político, se vai dirixido ou non a nós e incluso pasamos por riba se é actual ou se se actualizou por última vez hai tanto que os datos que alí atopamos son obsoletos.
Debemos aprender non só a buscar a información o máis velozmente posible, senón a facelo con corrección e a escollela co sufuciente criterio para que os contidos que nós elaboremos non nos xoguen unha mala pasada.


*Texto elaborado a partir das clases de Documentación dos días 21 e 22 de novembro de 2012.

martes, 13 de noviembre de 2012

Unha pequena introdución aos arquivos da CRTVG e en Rusia


VISITA AO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA CRTVG

O semana pasada os alumnos de segundo de Xornalismo da USC tivemos a oportunidade de visitar o Centro de Documentación da Televisión de Galicia. Esto supuxo un gran descubrimento para a gran maioría, que descoñecíamos a labor de documentalistas, informáticos, persoal de mantenemento e outras persoas que permanecen na sombra pero sen cuxo traballo o xornalismo deixaría de ser como é.
Nos arquivos permanecen gardados imaxes e sons que pouco a pouco son pasados a formatos máis modernos dentro das posibilidades de cada órgano. No caso da televisión de Galicia, dende que comezou a emitir os días 24 e 25 de xullo os actos do Apóstolo, lévanse almacenadas unhas 400000 cintas. Ao principio, gardábase o material en «bruto», mais en 1988 tomouse a decisión de comezar a compactalo, de xeito que o espazo das cintas se aproveitase moito máis.
O material está gardado nun edificio en San Marcos, e o depósito abrangue 700 metros cadrados. As condicións son as óptimas para este tipo de ferramentas, que se atopan nun ambiente cuxa humidade e temperatura son rigorosamente controladas. Así, os informativos, os programas deprodución propia como os especiais de fin de ano e a ficción. Neste último caso, os arquivos son tratados de xeito diferente, pois os dereitos de emisión son mercados para uns días determinados e tan só a dobraxe pertence á cadea.
Estes permanecen a bó recaudo até que son solicitadas para a súa reemisión, para reelaborar programas que percisan dun fragmento doutros ou incluso como planos de recurso, que son aqueles que se utilizan na edición ou montaxe como recheo para dinamizar. Tamén é importante gardar estes vídeos o tempo estipulado na lei por se houbese algún problema legal, así como para posibles solicitudes por parte de particulares, institucións ou outras canles de televisión. A menos que haxa un impedimento legal, o préstamo é posible. Non obstante, non só se conservan os materiais audiovisuais da televisión, senón que tamén debe ser gardada a documentación escrita, a radiofónica ou a gráfica.
A información contida nestes arquivos é tan ampla que non só abarca os programas emitidos da propia canle, como cabía supor, senón tamén os anuncios publicitarios ou noticias chegadas directamente das axencias. Gardar toda esta información leva moitas horas de traballo. Para gardar media hora de vídeo e audio, os documentalistas precisan dúas horas laborais, xa que teñen que identificar o contido do vídeo parte por parte para que sexa máis sinxelo de atopar nun futuro o caso concreto que se busque. Actualmente, traballan na CRTVG 17 documentalistas, un persoal insuficiente.

OS ARQUIVOS EN RUSIA

O oito de novembro de 2012, un profesor ruso, Rakoi, impartiu unha clase na aula dúas da facultade de ciencias da Comunicación para os alumnos de segundo de grao.
O cine chegou a Rusia en 1896. O primeiro film ruso foi rodado polo cámara dos irmáns Lumiere e contaba a coroación do Zar Nicolás II. Pouco despois, tería lugar outro feito fundamental na historia do cinema ruso: abriría Pathe Gaumont, unhas salas de exhibición. A partir dese momento, comezarían a producurse películas que competirían coas creacións alemás ou francesas.
Durante a I Guerra Mundial, os produtores promoverán filmes anti-alemáns. Non obstante, trala Revolución Rusa en 1917, desaparece o cine do imperio ruso.
As empresas de cine serían as que lle darían un maior auxe ao xénero. Según o profesor, a máis importante é Hanz-honkov, mais non é a única con forza no panorama ruso.
Antes de 1948 non hai arquivos de cine. Pero a partir da creación de Gosfilmofond, que forma parte da Federación Internacional de Arquivos de Filmes, esto cambiaría. Neste arquivo non só gardan cintas de orixe ruso, senón tamén doutros países. Entre outros, atópanse aquí películas de Pedro Almodóvar ou Buñuel, así como pequenos fragmentos da chegada dos nenos de Rusia (menores de idade enviados dende a zona republicana de España) a este país en 1937. Do mesmo ano, conservan un estracto do filme de Carlos Velo (cineasta ourensán que sería figura clave do cinema mexicano) sobre Galicia. En canto ás películas de propaganda, estas serían organizadas despois do período soviético. En total, hai uns dous millóns de filmes.
En 1974 organizouse Gosteleradio. Tamén sería a partires destes anos cando as empresas comezarían a recibir axudas por parte do Estado.
Na páxina web dos arquivos rusos pódense atopar virtualizados moitos documentos audiovisuais de interese público, xa que ademais de estar presentes de forma física no arquivo do país, tamén están virtualizados e transladados á web.


Bibliografía:
-Valle Gastaminza, Félix de. «La documentación en televisión« [en liña]. Universidad Complutense, Facultad de Ciencias de la Información. <http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/doctv.htm>
-Gobierno de España, Ministerio de Educación «Media televisión» (en liña)

domingo, 4 de noviembre de 2012

Somos unha sociedade enferma e que precisa cura urxente


EL SÍNDROME DE INMUNODEFICIENCIA SOCIAL

Resumo

A inmunodeficiencia é un estado patolóxico no que o sistema inmune non cumpre co papel de protección que lle corresponde. É dicir: o organismo queda vulnerable ás infeccións de todo tipo por falta de protección. Aplicado ao ámbito social, enténdense que o organismo (a sociedade) non se protexe o suficiente como para que as infeccións (a corrupción, a falta de ética...) permanezan lonxe.
Actualmente, dáse na sociedade unha gran cantidade de infeccións: políticos e institucións corruptos, falta de valores en todos os estratos... A miúdo, esta permanece allea ao que acontece no seu seo. Tal e como José Antonio Marina explica no seu texto, ao ser tolerantes os comportamentos deshonestos deben ser cada vez maiores para que sexamos capaces de percibilos. Entramos así nun bucle do que resulta moi complicado saír, xa que, tirando de refraneiro popular, non hai maior cego que o que non quere ver.
Vivimos nun pesimismo constante que non merma porque a crise é constante e cada día saen á luz máis casos de corrupción. «Posto que as cousas son como son e non teñen remedio, para que esforzarse?». Esta oración sacada do texto de Marina reflicte perfectamente o pasotismo que día a día mostran moitos cidadáns. Síntense impotentes e, ao mesmo tempo, poucos intentan facer algo para solucionalo. Todos temos a obrigación de xulgar sobre as cousas que afectan ao ben común sempre e cando estemos informados e sexamos o máis obxectivos posible.
Para protexer o sistema inmunitario social, debemos castigar aos virus que pretendan debilitalo e fomentar o pensamento crítico da cidadanía, que debe participar. É a sociedade a que debería controlar aos políticos para evitar que se convirtan en virus que desestabilicen o seu sistema inmunitario. Ademais, a sociedade debe repeler os malos actos e premiar os bós. Para que esto poida pasar, vólvese indispensable a educación dos cidadáns, base para unha sociedade xusta e que confíe en si mesma.

Listado de claves sobre as que documentarse

1-Sociedade.
2-Ética.
3-Corrupción.
4-Tolerancia.
5-Xulgar ou non xulgar.
6-Pensamento crítico.
7-Xustiza.
8-José Antonio Marina

Fontes e explicación da súa relevancia según as claves dadas

Para comprender mellor o texto de Marina, é preciso ter claros os principais conceptos que se expoñen no mesmo. A través de diferentes fontes (máis ou menos fiables), é posible documentarse e entendelos.

1.- Sociedade.
Para entender o texto, é preciso comprender que é a sociedade tal e como se entende hoxe en día. Así, débense consultar varias fontes que nos permitan chegar a unha conclusión acertada sobre este concepto.
-Diccionario Xerais da Lingua Ilustrado, Madrid, Xerais, Novembro 1994
Define «sociedade» na súa primeira acepción como «Relación de persoas que teñen algo en común» para engadir na seguinte «Conxunto de individuos entre os que existen relacións duradeiras e organizadas, xeralmente establecidas sobre institucións e garantidas por leis.»
-Definición de sociedade (en liña) http://definicion.de/sociedad/
Nesta páxina de internet na que aparecen diversos conceptos definidos, establécese que sociedade é «un termo que describe a un grupo de individuos marcadso por unha cultura en común, un certo folclore e criterios compartidos que condicionan as súas costumes e estilo de vida e que se relacionan entre sí no marco dunha sociedade». Salienta o feito de que hai sociedades animais ademais das humanas.
Neste artigo, Marina afirma que «a sociedade civil é esencialmente política, porque ten que vivir na polis xa que é a vertebra dun sistema legal, e concrétase nunha serie de institucións.» Ademais, salienta a diferencia entre Estado e sociedade. «O Estado é unha estrutura para exercer o poder que emerxe da sociedade e se impón a ela». É a sociedade, según este autor, o que debe premiar as boas condutas do Estado e castigar as malas. Aquí inflúe moito o que se coñece como ética.

2.- Ética
Que é a ética? Porque ten que rexir os nosos comportamentos? Para entendela, é necesario ver o que diferentes autores opinan sobre a mesma.
-Monografías (en liña) http://www.monografias.com/
Buscando nesta páxina de internet os diferentes puntos de vista de filósofos como Platón, achegámonos un pouco máis ao concepto de ética. Platón afirmaba que «a virtude é coñecemento e que este pode ser aprendido.» Para el, coñecer a Deus é facer o ben, polo que os inmorais son ignorantes. Tamén se poden consultar entradas sobre a ética en sí.
-Varios autores, Diccionario Real Academia Española (en liña) http://www.rae.es/rae.html
Os académicos definen ética como algo «recto, conforme á moral» na súa segunda acepción, sendo a quinta «conxunto de normas morais que rixen a conduta humana».
-Youtube «¿Qué es la ética?» http://www.youtube.com/watch?v=sQ_DWG34UOE
Este vídeo educativo, aínda que por veces é lento, explica o que básicamente é entendido por ética, así como a diferencia desta coa moral e os puntos de vista de diferentes autores.

3.- Corrupción
Ao longo do artigo de Marina, obsérvase a importancia que este autor lle da á corrupción nos diferentes ámbitos políticos. Afirma que o que corrompe o fai porque o precisa para vivir, que se difunde coma un virus que dana o organismo que é a sociedade.
«Nas organizacións, especialmente nas públicas, práctica consistente na utilización das funcións e medios de aqueles en proveito, económico ou doutra índole, dos seus xestores.»
-As hemerotecas dos xornais e as seccións adicadas a estes temas son moi boas fontes para coñecer os casos de corrupción máis cercanos a nós. Así, consultando a sección de «Corrupción política» El País (http://elpais.com/tag/corrupcion_politica/a/ ) ou a hemeroteca de La Voz de Galicia ( http://www.buscavoz.es/search.php?q=corrupci%C3%B3n%20Espa%C3%B1a&db=&t=all&mind=&maxd=&s=date ) atopámonos cunha realidade máis cercana do que cremos (ambas en liña).
- Conde, Mario «El poder y ciertos periodistas: ¿opinión o corrupción?» (en liña), 23 de setembro 2012 http://www.fundacioncivil.org/2012/09/el-poder-y-ciertos-periodistas-opinion-o-corrupcion-un-articulo-de-r-blanco-valdes/
Neste artículo, escrito por un home chamado Mario Conde, propónsenos outra visión do traballo do xornalista. O autor fala dos xornalistas corruptos, que en vez de informar, desinforman. Ademais, facilita un enlace para un interesante artículo de (case) obrigada lectura de R. Blanco Valdés

4.- A tolerancia da sociedade
Marina explica que a sociedade non se queixa, que permanece aparentemente allea ás actuacións pouco morais que a rodean. Di que non hai que ser tolerante co ben, senón aplaudilo, senón co mal, pois a este hai que combatelo.
-UNESCO, «Declaración de Principios sobre a Tolerancia» (en liña) do 16 de novembro de 1995 http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=13175&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
A UNESCO estableceu uns principios básicos de tolerancia e afirma que «non só é un deber moral, senón ademais unha esixencia política e xurídica.»
-Nacións Unidas, Día Inernacional para a Tolerancia (en liña) 16 de novembro http://www.un.org/es/events/toleranceday/
Ainda que esta páxina fai máis ben referencia á tolerancia como a convivencia de persoas diferentes, non hai que esquecer que esa é precisamente a base para a existencia dunha sociedade como tal.
-Definicións online (en liña) http://definicion.de/tolerancia/
Podemos atopar aquí a definición de tolerancia según a RAE («respecto polos pensamentos e as accións de terceiros cando resultan opostos a distintos aos propios») e as orixes do termo, que procede do latín, tolerare, que significa «soportar».
5.-Xulgar ou non xulgar
Marina defende que «todos temos a obrigación de xulgar sobre cousas que afectan ao ben común, e para iso debemos poñernos en condicións de xulgar xustamente: informarnos, buscar a obxectividade, non deixarnos levar por preferencias emocionais nin por intereses persoais ou sectarios...»
-Varios autores, Constitución Española, (en liña) de 1978 http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/constitucion.html
Esta páxina web facilítanos os artigos da Constitución, onde están recollidos os dereitos e deberes legais dos españois.
-Varios autores, Diccionario web da RAE (en liña) http://lema.rae.es/drae/?val=JUZGAR
A RAE define xulgar como «formar opinión sobre algo ou alguén». Todos temos dereito a xulgar neste aspecto, a crearnos unha opinión sobre os temas que nos incumben dun ou doutro xeito.
-Trias, Eugenio  «La capacidad de juzgar» (en liña) 14 de marzo de 2001 http://www.elcultural.es/version_papel/OPINION/208/La_capacidad_de_juzgar
Aínda que este artículo é de hai xa once anos, o certo é que é bastante actual. Así, o autor preséntanos a través de Kant o tema que quere tratar (a capacidade de xulgar das persoas) para rematar afirmando que esta se está perdendo e corrumpindo

6.- Pensamento crítico
Ter un pensamento crítico sobre o que nos rodea é indispensable para comprender o mundo no que vivimos. A miúdo, falamos de temas se apenas coñecer a superficie que tratan. Afondar neles e naqueles aspectos que teñen algo que ver cos mesmos é tarefa obrigatoria para todos aqueles que queiran expresar a súa opinión. Ter unha mente aberta, intentar ampliar coñecementos e reflexionar é fundamental.
-Pensamiento crítico (en liña) 20 de outubro de 2012 http://www.pensamientocritico.org/
Nesta páxina web escriben diversos autores sobre temas tan variados como a globalización e a democracia, a crise ou a educación e as desigualdades que se dan neste ámbito.
-Youtube «Pensamiento crítico» http://www.youtube.com/watch?v=hgb1xdpapZc
Este vídeo explica en que se basea o pensamento crítico, na búsqueda de solucións a problemas de forma razonada. Hai máis vídeos nesta plataforma nos que se expoñen ideas sobre o pensamento crítico.

7.- Xustiza
A xustiza é un concepto que moitos consideran indispensable pero no que moi poucos cren realmente. A miúdo, a xustiza ríxese por
-Gallego, Javier  «La justicia no existe» (en liña) Carne cruda 13 de febreiro de 2012 http://blog.rtve.es/carnecruda/2012/02/la-justicia-no-existe.html
Neste texto, Javier Gallego fai unha comparación entre o que lle aconteceu a Miles Davis no verán de 1959 e o acontecido nunha manifestación do 10 de febreiro do ano presente en Madrid para determinar que a xustiza non é tal.
-Cohen Agrest, Diana, «Si no hay castigo, no hay justicia» (en liña) 2 de agosto de 2012 http://www.lanacion.com.ar/1495364-si-no-hay-castigo-no-hay-justicia
Neste artículo, Diana Cohen afirma que a única forma de poder afirmar a existencia da xustiza e corroborando esta mediante castigos. Aqueles que fagan o mal deben ser sancionados debidamente para que non volvan errar.

8.- José Antonio Marina
Por último, para entender un texto é necesario coñecer ao seu autor. Por moita obxectividade que calquera persoa pretenda reflectir no que escribe, esta nunca será total.
Nesta páxina atopamos unha pequena bibliografía do autor, así como o lugar e a data de nacemento (Toledo, 1939)
-Blog do autor: este é a dirección do blog do autor, cuxa páxina web (http://www.joseantoniomarina.net/ ) está en construcción. Leva dende 2008 sen publicar novas entradas.
-Librerías online e librerías físicas. Nestas é posible atopar libros sobre o autor, o que nos permite acercarnos un pouco máis á súa figura literaria.


Algunhas fotes, como a páxina web da RAE, Youtube ou o Diccionario Xerais da Lingua., son aplicabes a diferentes termos ou conceptos. Outros diccionarios online, como wordreference (http://www.wordreference.com/ ) ofrécennos a oportunidade de acceder a sinónimos dos termos para comprendelos mellor. Así mesmo, é posible consultar diversos blogs onde os autores expoñen as súas opinións sobre os máis diversos temas, permitíndonos ampliar coñecementos e ver as cousas dende un punto de vista alternativo.

A modo de conclusión

Vivimos nun mundo onde os cartos mandan máis que a ética. Os valores están agochados en recunchos aos que moi poucos se atreven a chegar para rescatalos, temerosos de que a acepción destes os convirta no raro entre a normalidade: un conxunto de persoas que vive por e para sí, allea a maior parte das ocasións a todo aquelo que a rodea.
A miúdo, cando coñecemos un caso de corrupción, este é comentado coa familia, os amigos e mesmo no bar. Pero non adoitamos ir máis aló. Escoitamos o que nos contan, opinamos como podemos sobre o tema e despois esquecemos. Cremos que non é así, pero apenas nos movemos para buscar unha solución a aqueles problemas que chegan máis aló da porta da nosa casa.
Somos unha sociedade cansa de tanta corrupción que por momentos parece derrotada. Non no sentido bélico, onde só hai gañadores e perdedores, senón no sentido anímico: se as cousas non melloraron até o de agora, porque ían facelo nos próximos días, meses, anos? O pesimismo instaurase por doquier, e moi poucos son capaces de combatelo.
Cada persoa como individuo debe ser capaz de xulgar, de formarse unha opinión sobre cada un dos temas que a afecta de xeito máis ou menos indirecto e de defender os dereitos que posúe. Cada persoa como membro dunha sociedade debe saber convivir coas demais e respectalas, así como defender aquelo que os identifica como membros dun conxunto.
Existe a corrupción, sí, a sociedade está enferma. Máis todos debemos ser conscientes de que somos culpables e vítimas ao mesmo tempo, de que somos as células que forman o organismo ao mesmo tempo que parte do equipo médico que debe sanalo.

lunes, 22 de octubre de 2012

Documentación informativa


RESUMO
A miúdo presnéntasenos a tarefa de documentarnos sobre certo tema e vémonos na encrucillada de facelo de xeito rápido sen recurrir a datos de fácil acceso e difícil credibilidade. Documentarse é algo para o que todos cremos estar preparados e, sen embargo, moi poucos son capaces de facer con total efectividade.
Neste traballo pretendo reflectir en que consiste a documentación e que é tal e como a entendemos. A documentación depende da información, polo tanto tamén describirei como é esta na actualidade. As funcións e a finalidade da documentación, así como o centro de documentación nun medio, serán outros temas a tratar neste traballo.

PALABRAS CLAVE

Reunir, datos, buscar, documentación, información, comunicación, xornalista, veracidade, medio.

INTRODUCIÓN E HISTORIA

Recurrimos á información e, con ela, facemos uso da documentación día a día. Úsamola sen percatarnos cando compramos un billete de avión ou de tren, cando aceptamos as bases dun concurso, cando intentamos entender como funciona un novo aparello electrónico... Pero para entender a documentación, é preciso entender en que contexto se desenvolve.
Por unha parte, pódese dicir que a documentación apareceu coa escritura ou incluso antes, coas pinturas que na prehistoria os nosos antepasados realizaban nas paredes.
Non obstante, considéranse que as orixes da documentación están no 3300 a.C., coa aparición da escritura e das primeiras bibliotecas. Desta época datan as primeiras tablillas de arcilla atopadas na rexión de Mesopotamia, actualmente a rexión de Irak. Os sumerios comezaron a escribir por razóns administrativas, para levar as contas do gando e o gran que entraba e saía, polo que as primeiras anotacións solo contiñan números e mercadorías. Pouco a pouco, os sumerios foron desenvolvendo un sistema de escritura máis complexo até alcanzar a súa plenitude en torno ao 2500 a.C. Apenas 500 anos despois, desaparecerían. Os exipcios tamén documentaban o que lles acontecía, mais comezaron a facelo de xeito máis tardío. Arredor do 3100 a.C., e até o século IV, os exipcios plasmarían sobre papiro, arxila e pedra aquelo que pretendían reflectir do seu día a día. Tras estas dúas civilizacións, chegarían as aportacións dos chineses, dos gregos, dos fenicios e mesmo dos romanos. (Desta época a Biblioteca de Alexandría). A partir do século II a.C., e até a invención da imprenta no século XV, aos materiais que habitualmetne se empregaban para escribir engadiuse o pergamino, decisivo para o paso do formato rollo ao formato libro. Coa chegada da imprenta, habería unha revolución a partir da cal máis xente tería acceso aos libros. Polo tanto, comezou a escribirse con maior asiduidade. Así, comezaron a acumularse coñecementos de máis fácil acceso e probablemente, máis fiables, xa que a información pasada de persoa a persoa nunca chega como comeza. Os coñecementos comezaron a acumularse e a ser de máis fácil acceso. Todo esto desembocaría no nacemento da documentación como disciplina cienctífica.
A documentación moderna naceu como disciplina hai uns cen anos nun contexto onde a ciencia cobrou especial protagonismo. O positivismo marcou unha época na que o método científico se volve indispensable e xorden numerosas Academias científicas. Foron os intelectuais e eruditos do século XIX os que viron a necesidade de reglamentar esta disciplina, estando á cabeza Paul Otlet. Este belga, xunto con Henri La Fontaine, ideou o Repertorio Bibliográfico Universal.
Paul Otlet creou o Tratado de Documentación no que expón as nocións relativas ao libro e ao documento. Desta forma, baixo o termo Documentación, englobarase calquera actividade relacionada co documento, como a Archivística, a Bibliografía, a Bibliotectonomía ou a Museoloxía, entendo desta forma Documentación coma un termo integrador. Do Tratado tamén se obtén a máxima de calquera documentalista a modo de desideratas: «1) Decilo todo dunha cousa; 2) Decilo todo nunha vez; 3) A verdade por riba de todo; 4) Baix a forma máis apta para ser comprendida.

CONCEPTO OU DEFINICIÓN

Que é, pois, a documentación?
O termo documentación ten a súa raíz en «documento», que procede do latín «documentum» e cuxa raíz é «docere» (ensinar).
A Real Academia Española define documentación como «acción y efecto de documentar.» Indo máis alá, hoxe en día pódese definir como a disciplina científica que nos permite buscar, atopar, agrupar, gardar, analizar e presentar ante outros determinada información que consideramos necesaria. Transladado ao ámbito periodístico, pode definirse a documentación como o «saber práctico que ten por obxecto a valoración, selección, clasificación e arquivo dos textos e referencias que, unha vez recuperados, serven para elaborar unha información xornalística verdadeira, intelixible e adecuada e/ou difundir información de base xornalística», tal e como se define en Teoría y práctica de la documentación informativa. Pódese dicir que a documentación é un saber ao servizo dun saber maior, xa que o xornalista que recurre a ela está a buscar a información que despois tratará para presentala ante o público.
Se consultamos a estudosos do tema, atopamos diversas definicións para un mesmo concepto. Según Mortimer Taube, a Documentación é «a unidade ou complexo de actividades cuxa misión é preparar, recolectar, analizar, organizar, distribuir e comunicar a información.»
Paul Otlet, personaxe funtamental na Documentación tal e como a entendemos hoxe, defínea como a «ciencia que corre paralela ao desenvolvemento científico (...). Ciencia xeral auxiliar das de todas as demais e que lles impón as súas normas dende o momento en que estas transmiten os seus resultados en forma de documentos.»
Bradford, un químico e bibliotecario que continou coa obra de Otlet no seu libro Documentación define esta non coma unha ciencia senón como a técnica que se encarga de reunir e clasificar os diferentes rexistros.
Por outra banda, hai autores como Foster Mohrhardt que ven a documentación como unha parte da biblioteconomía.
Pero se o que buscamos é unha definición de Documentación informativa propiamente dita (e aínda que as definicións anteriores son perfectametne aplicadas á mesma), podemos definir esta como a parte da Documentación que serve de forma específica aos comunicadores ou a aquelas persoas que se dedican a investigar no campo da Comunicación. Por outra banda, o catedrático J. L. López Yepes defínea como «aquela parte da Documentación que ten por obxecto o estudo do proceso de transformación de fontes para a obtención de novos coñecementos na investigación da comunicación social, e no traballo no seo da empersa informativa.»
Ademais, a documentación caracterízase porque se pode levarse a cabo a través de diferentes medios: escritos, de audio, de imaxe ou ben unha mistura entre calquera dos tipos anteriores. Hoxe en día, internet é un dos recursos máis utilizados pola facilidade que proporciona ao buscador de datos para atopalos. Non obstante, a búsqueda en internet require dunha preparación por parte da persoa que pretenda informarse a base do que atopa na rede. Moitas veces, hai usuarios que colgan en determinadas páxinas información falsa, e mesmo outros que cometen plaxios.

PRINCIPIOS

Félix del Valle Castaminza, profesor de Documentación Informativa da Universidade Complutense de Madrid, afirma que hai dúas clases de principios da Documentación do traballo informativo: os teolóxicos e os formais e circunstanciais.
Por un lado, este autor fala de principios teolóxicos, marcados pola verdade como obxectivo fundamental da información xornalística. Estes principios engloban o principio verificativo, o explicativo e o editorial. O principio verificativo está presente porque é a causa fundamental da actividade xornalística, tal como se expuxo máis arriba, polo que esta se orienta cara a consecución da verdade informativa. Ten natureza crítica e a súa aplicabilidade universal en canto aos contidos non se limita aos feitos, senón que alcanza aos xuícios e ideas. A vericidade aporta credibilidade e autoridade aos datos. En canto ao principio explicativo, destaca como causa final da actividade documental xornalística. Os xornalistas aclaran a información proporcionada para que a súa comprensión sexa máis sinxela e facil de asimilar por parte das persoas que recurren a ela. Por último, o principio editorial constitúe unha perspectiva subxectiva das anteriores e reúne a dimensión ideolóxica do medio e a formal. Así, un texto (por exemplo) será publicado ou non en determinado xornal en función da liña editorial de dito medio e do que se reflicta no texto mesmo.
En canto aos principios formais e circunstanciais, son necesarios porque a razón de ser da documentación está no seu uso posterior, é dicir, na maneira na que as fontes sexan utilizadas en función da finalidade á que a persoa que se documenta pretende acceder. Vólvese necesario determinar a utilización futura das fontes e ollar con coidado aqueles ámbitos que están restrinxidos. Dentro destes principios, englóbanse o da perdurabilidade, o da adecuación funcional e o limitativo. O primeiro deles fai referencia á permanencia no tempo dos textos e referencias xornalísticas e a utilidade futura que se lles pretende dar. O principio de adecuación funcional é unha regra metodolóxica na actividade documental xornalística pola cal esta se orienta ao tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental en función da súa natureza e do uso que se fai do mesmo. ´É dicir, adecúase a documentación a aquela finalidade á que se pretende chegar. Esto require que as fontes sexan tratadas según as súas características formais e que cada tarefa ou función documental mediata sexa realizada dacordo coa súa natureza propia. Por último, cabe destacar o principio limitativo, que supón o conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística que limitan o seu exercicio, como a localización, a liña editorial do medio, o ámbito de difusión, o tipo de publicación, a periodicidade...

CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE

A información de actualidade é cambiante e constantemente aparecen novos datos sobre temas actuais ou xa case esquecidos. As noticias non son únicas no sentido de que están relacionadas entre sí, e raramente se pode determinar os seus límites con claridade absoluta e sen deixar lugar a dúbidas. Por esta razón, os medios deben ter especial coidado coa información que proporcionan e documentarse o mellor posible antes de presentala ante os usuarios para non dar datos falsos. As fontes e a intencionalidade que teñan, o tempo, a liña editorial do medio... todos estes inconvintes débense volver a favor do bó xornalismo. A documentación é, pois, elemento indispensable da información de actualidade.
Por que se caracteriza a información de actualidade? As noticias de actualidade adoitan ser redundantes: atopamos os mesmos feitos en moitos medios diferentes ainda que o tratamento sexa diferente. Pero incluso dentro do mesmo medio se lle da un tratamento diferente ás noticias, xa que se lle da máis relevancia e importancia a unhas que a outras, moitas veces cun criterio cambiante.
Según Amat e Blasco, as principais características da información de actualidade son as que seguen:
  1. Coincidencia episódica. Os medios publican as mesmas noticias a diario, que se repetirán en aqueles de publicacións máis tardías e mesmo en revistas, radio ou televisión. Esto débese a unha gran dependencia por parte dos medios das axencias e dos productores dos feitos que se constitúen en noticia, así como das espectativas que teñen ante a resposta da xente e o que esta espera.
  2. Redundacia ciclíca: os datos son previsibles porque adoitan responder a uns patróns temporais. Así, hai acontecementos que se repiten de xeito diario, outros semanais, mensuais ou mesmo anuais. Os xornalistas deben cubrir estes feitos, que son determinantes por seren actuais.
  3. Efecto Mateo: dáse un desequilibrio entre o tratamento da información relativa ás persoas, xa que os medios nomean en moitas ocasión a algúns personaxes «elixidos» e moi poucas ao resto, co que o coñecemento que os usuarios teñen dos mesmos non é equilibrado.
  4. Multiplicidade de soportes: teletipos, noticias impresas, gravacións radiofónicas, materiais audiovisuais e visuais, comunicados de prensa... os soportes aos que se pode recurrir son variados e dependen en gran medida do que se lle queira presentar ao usuario.
  5. Fragmentación da mensaxe: o ritmo de captación dos acontecementos determina cando son publicados e editados os mesmos, polo que as mensaxes informativas deben ser fragmentadas para chegaren con maior efectividade aos usuarios. Ademais, estas mensaxes adoitan ter unha estrutura en forma de tríptico, na que se da un previo (anuncio ou previsión), a propia noticia e a observación e valoración das reaccións. Ao mesmo tempo, poden xerar novas noticias, polo que é moi complicado seleccionar e analizar documentalmente un suceso se non se da unha perspectiva axeitada.
  6. Latencia: a pesares de que se adoita dicir que a información de actualidade caduca, esta permanece nun estado de latencia, isto é, calquera feito que se da por pechado pode reabrirse e devolverlle o protagonismo aos personaxes e aos feitos independetemente do antiguos que sexan.
  7. Documentos compostos: son, por exemplo, os textos con fotografías e gráficos, que pantexan dificultades de organización documental e de deseño de ferramentas de recuperación documental, pero que adoitan facilitar a comprensión por parte dos usuarios.
  8. Lei do mínimo esforzo: esta, que consiste en facer o máximo traballando canto menos mellor, perxudica gravemente a información elaborada e os tratamentos que se lle dan a esta.
  9. Estratificación de usuarios e usos: cada usuario demanda un produto diferente, polo que estes deben ser elaborados con especial coidado atendendo ao que cada persoa pensa obter.
  10. Relatividade de significado: según o contexto e as interpretacións dos usuarios, os documentos xornalísticos cambian de significado. Esto nótase especialmente na información audiovisual, onde o tratamento da imaxe pode darlle a esta un valor ou outro.
    A todo esto habería que engadir unha última característica: a omisión. De xeito voluntario ou involuntario, os xornalistas omiten información antes de presentar o seu produto final aos usuarios. Esto debe ser tido en conta polo documentalista, xa que algunhas omisións son detectables e subsanables no momento, pero non tempo despois. A omisión doxolóxica, na cal se oculta deliberadamente información tanto manipulativa como neutral (cando se dan por sabido certos datos), a agnóstiva, onde se omite o que se descoñece de xeito involuntario e afectando ao usuario, e a imposta, que se exerce por razóns alleas ao desexo do autor (espazo, tempo) , son os principais tipos de omisión a ter en conta.

FUNCIÓNS

As funcións da documentación son variadas. Tendo en conta que a Documentación informativa se engloba na Documentación, pódese dicir que a súa meta principal está na mediación entre o creador da información e aquela persoa que vai facer uso da mesma.
Félix del Valle Gastamiza, que colaborou como autor no libro Teoría y práctica de la documentación informativa, di que hai cinco funcións básicas da documentación: verficiación, contextualización, apoio visual, investigación e actuar como memoria.
En primeiro lugar, define a verificación como a exactitude da información e a corrección de datos. Os xornalistas ou as persoas que elaboren a información que lle será transmitida aos usuarios deben correxir as faltas ortográficas, delimitar un único idioma co que tratar a información, ser preciso cos datos numéricos, ser fiel aos discursos e non tergiversas as palabras sacadas de declaracións de terceiros, non inventar datos que dificulten o acceso á noticia...
Contextualizar é para Félix del Valle utiliar datos complexos, cronoloxías ou dossieres temáticos para apoiar a información que se quere facer chegar aos usuarios. Deste modo, compleméntase a información principal para facilitar a súa interpretación, sintentizándoa en moitos casos e facendo un comentario que faga máis sinxelo o acceso a datos moitas veces complexos pola linguaxe utilizada ou polo eido do que proceden (como poden ser datos puramente cinetíficos para unha persoa que non sabe nada deste ámbito).
A utilización de fotografías, gráficos, infografías ou mapas para apoiar visualmente a información proporcionada é un recurso moi utilizado. Na radio, por exemplo, esto non é posible, máis na prensa escrita e, sobre todo, na televisón, é unha técnica imprescindible. Atopamos un claro exemplo nas gráficas sobre a intención de voto das Eleccións Galegas do 21 de outubro.
A documentación tamén constitúe un importante soporte da liña editorial do medio. En función desta, os datos serán buscados cunha finalidade determinada e expostos de maneira diferente.
Por último, a investigación consiste para este autor en preparar e editar o material propio ou redactar materiais que dará o medio, como cronoloxías ou bigrafías de personaxes.
Félix del Valle non é o único autor que se pronuncia sobre a función da documentación informativa. Según Josefa Sabor, o «ciclo da documentación é: identificar, organizar e archivar a información para pasar de aí ao da súa transformación, síntese e difusión. En suma, a documentación ten unha función activa, entregar ao investigador o material que require xa organizado.»
Unha última clasificación salientable das funcións da documentación atopamola no libro citado anteriormente, do que Félix del Valle é coautor xunto con outros como Gabriel Galdón, María Rubio ou David Prada. Según este manual, a documentación xornalística ten as seguntes funcións: previsoria (avisar sobre acontecementos que van suceder); preparatoria (indispensable nas entrevistas e reportaxes, permítelle aos xornalistas prepararse ante as noticias que van ter que contar); crítico-verificadora, que ten ao mesmo tempo as dimensións fáctica (que busca comprobar a exactitude dos datos proporcionados), crítica (que pretende indagar sobre a verdade ou a mentira escondida nas afirmacións vertidas sobre as personalidades públicas) e semántica (que fai referencia á correspondecia entre a verdade que se quere comunicar e a linguaxe empregada para a súa divulgación); completiva (axuda a contextualizar adecuadamente os acontecementos); lingüístico-clarificadora (a información debe ser presentada con decoro e corrección); modélico-narrativa (atopar as estruturas narrativas idóneas para cada medio); informativa propia, que recurre aos obicuarios, ás semblanzas biográficas, aos recadros verificativos e referenciais, aos recadros explicativos sobre diversos temas e aos infográficos, ás cronoloxías, aos recadros de antecendetes e ás axendas e dossieres entre outros para poder ser levada a cabo; orientadora (que pode entenderse nunha das súas vertentes como facilitadora de información para actuar en beneficio da sociedade); profesional (actualización dos datos) e rectificadora (fe de erratas).
A documentación non ten unha función única, tal e como demostran as clasificacións expostas. Non obstante, conter a información en documentos para a súa consulta e satisfacer a necesidade das persoas de coñecer o que as rodea é unha función clave que fai que o futuro da documentación estea asegurado.

FINALIDADE OU OBXECTIVOS

O obxecto de estudo da documentación radica en reunir, organizar, proporcionar e recuperar unha vasta información, rápida e eficazmente, sobre un determinado tema.
O Tratado de Documentación de Paul Otlet determina que a Documentación ten catro obxectivos principais que son:
a) o rexistro do pensamento humano e da realidade en elementos de natureza material, chamados documentos;
b)a conservación, circulación, utilización, catalografía, descripción e análise dos documentos
c)a elaboración de documentos complexos (secundarios ou terciarios) a partir de documentos simple
d) o rexitro dos datos de forma rápida, directa, exacta e sintética, procurando un saber enciclopédico universal.
Para Cecilia Gaviria de Mendoza, a función da documentación consiste en ofrecer unha vista panorámica do incremento do saber humano e a de recuperar este saber disperso coa máxima economía de tempo. É dicir, defende que «a finalidade esencial da documentación, quenqueira que sexa o seu utilizador, é a de crearse un cadro lóxico no cal rexistrar e clasificar as ideas e os documentos recollidos a fin de reencontralos rapidamente no caso de necesidade. É un rexistro material que substitúa con ventaxa, sen desprazalo por suposto, ao rexistro mnemotécnico.» (Este último consiste na utilización da memoria para almacenar datos).
Estas finalidades pódenselle aplicar á documentación informativa por ser esta unha parte da Documentación.
Non obstante, pódense buscar definicións desta. Así, hai autores que afirman que ten por obxecto de estudo o proceso de transmisión das fontes para a obtención dun novo coñecemento na investigación da comunidade social e no traballo do seo da empresa informativa.
A principal finalidade da documentación informativa sería, pois, seleccionar, analizar, recuperar e difundir a información sen mermar a súa calidade ou simplemente mellorándoa.

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN NUN MEDIO

O proceso que todo medio debe seguir hoxe en día para conseguir documentarse pode dividirse en catro partes según Cecilia Gaviria de Mendoza:
1) Escoller e seleccionar as fontes de información.
2) Establecer un plan de clasificación conveniente.
3) Crear un sistema de centralización ideolóxica que nos dea a seguridade de atopar o
que buscamos e reagrupamos en forma racional, e
4) Estudar os medios de conservación.
O organismo de documentación (centro, servizo) é un intermediario que ten a misión de reunir e de clasificar os documentos para poñelos ao alcance dos utilizadores despois de transformar normalmente a súa forma de presentación. O plantexamento máis simple, tendo en conta a finalidade do usuario de atopar coa axuda doutro ou por si mesmo o que lle interesa nun momento determinado, sería contestar a estas preguntas:
a) Atopar qué? Encontrar o documento buscado.
     b) Atopar cómo? Mediante unhas técnicas que faciliten a súa búsqueda rápida.
     c) Atopar onde? Nun centro de información
Así, no Centro de Documentación dun Medio, búscase a información que logo se transformará para poñela ao alcance dos usuarios ou seguidores dese medio, de xeito que a súa comprensión sexa sinxela e o acceso estea dispoñible para todos.
Poderíase dicir que a Documentación relacionada coas Ciencias da Información ten dúas vertentes. Por un lado, os profesionais acuden aos centros de documentación de carácter científico ou investigador, onde usan as fontes específicas de cada materia para elaborar o seu traballo. Por outro, da lugar á creación de centros de documentación dentro das empresas informativas, nas que os documentalistas manexan fontes de información de temática xeral que serven para a produción de noticias.
Polo tanto, calquera empresa informativa que se precie deberá ter un centro ou arquivo documental onde almacenar e documentar todo o material que xera para a súa conservación, difusión e posible uso no futuro. Estas son as tres principais funcións dos centros de documentación nun medio, que ten como fin principal a realización de economías de escala xa non no seo dunha mesma plataforma (prensa, radio, televisión ou web) senón entre as distintas plataformas. Tendo en conta que cada vez máis os medios poñerán os seus bancos de imaxes e as súas bases de datos de texto completo na Web, a labor do documentalista dos medios será desprazado cada vez máis cara esta.
Os documentalistas ocúpanse de administrar e coñecer a información coa que os xornalistas traballan para presentala ante os usuarios. A función destes variou debido á crise económica, a revolución tecnolóxica da información e ao florecemento de movementos sociais e culturais como a defensa dos dereitos humanos, o ecoloxismo e o feminismo. Non obstante, os documentalistas seguen a ter como misión principal xestionar a información dentro das organizacións independentemente do medio no que esta se atope. Así, polos centros de documentación dun medio pasa diariamente un gran fluxo de información que debe ser analizada, fixada e mellorada para que a produtividade da mesma sexa óptima.
Os centros de documentación, ademais, caracterízanse porque están cada vez máis virtualizados, polo que non necesitan almacenar documentos analóxicos, senon organizar a base de datos dixital da súa produción propia, xestionar coleccións de enlaces e contratos de acceso a determinados proveedores de información dixital (por exemplo, a Axencia EFE, Dialog, MyNewsOnline, NISearch...).

MAPA CONCEPTUAL





BIBLIOGRAFÍA

Páxina web da RAE
del Valle Gastamiza, Félix: «Análisis y tratamiento documental en medios de comunicacón en la era digital
del Valle Gastamiza, Féliz: «La documentación en la empresa informativa»
«Documentación informativa. Definición y antecedentes.»
«Documentación informativa. Historia de la Documentación»
Galdón, Gabriel (coord.): Teoría y práctica de la documentación informativa, Barcelona, Ariel Comunicación, 2006
GAVIRIA de MENDOZA, Cecilia: «La Documentación.»
Giménez Toledo, Elea: Manual de Documentación para comunicadores,Navarra, Eunsa, 2007
«La investigación digital. Capítulo 5»
«Historia de la ciencia de la Documentación»
Serra i Margarita Ceña, Eugènia:«LAS COMPETENCIAS PROFESIONALES DEL BIBLIOTECARIODOCUMENTALISTA EN EL SIGLO XXI»
Soler Monreal, Concha: «La imagen de los profesionales de la informacion en la sociedad.»




Alumna: Paula Quintás López
2º Xornalismo           

sábado, 13 de octubre de 2012

A evolución de Internet


Pódese definir Intenet como rede de redes que permite a interconexión descentralizada de ordenadores a través dun conxunto de protocolos denominado TPC/IP. Esta rede permítenos acceder a información de xeito rápido, de maneira que documentarse está máis a man. Non obstante, débese ter coidado coas páxinas consultadas, xa que o feito de que estean a disposición de todos tamén se pode convertir dunha arma de quen pretende desinformar ou propagar datos erróneos. Ademais, dende a aparición de Internet, comunicarse xa non é algo caro e dificultoso, senón que moita máis xente pode falar con familiares ou amigos que vivan na outra punta do mundo sen que eso lle supoña un custo demasiado grande. A comunicación agora xa non corre a cargo do teléfono (cada día máis abandoado) nin das cartas que para moitos nin sequera chegaron a ser máis que unha felicitación de Nadal, senón de Skype, Viber, o correo electrónico e mesmo facebook, ferramentas gratuítas de comunicación instantánea na que se poden convinar imaxes, vídeos, son...
A orixe de Internet é militar. Durante o desenvolvemento da Guerra Fría, que enfrontou aos bloques occidental-capitalista (liderado por EEUU) e ao oriental-comunista (liderado pola URSS), tres universidades de California e unha de Utah lograron conectarse co coñecido como ARPANET, facendo a primeira demostración pública do que sería Internet. Co tempo, este servicio deixaría de ser unicamente militar e pasaría cobrar importancia nas universidades e outros eidos sociais, até chegar ao que é hoxe en día: un isntrumento da sociedade. En España, a primeira conexión non se realizaría até 1990.
Foi precisamente nesta década cando apareceron ferramentas de búsqueda de información como Gopher (Universidade de Minnesota, 1991), Veronica (relacionado con Gopher, Universidade de Nevada) ou Archie (Universidade de Montreal, 1990). Non obstante, sería coa aparición da WWW (World Wide Web) desenvolta polo físico do CERN Tim Berners-Lee e Robert Cailliau cando Internet viviría o seu máximo auxe. Este segue un modelo cliente-servidor no que se require un protocolo HTTP (que se comunica co servidor web), un enderezo URL (que representa a localización e o método de acceso a calquera recurso da rede) e unha linguaxe para representa-lo hipertexto HTML (ficheiro de texto que indicarán ao navegador como se visualizarán os documentos).
Internet converteuse nun elemento indispensable do noso día a día. Hoxe, a gran maioría dos que nalgún momento tiveron acceso ao mesmo negaríanse a prescindir del de forma voluntaria. Case todo o mundo, cando menos nunha franxa de idade concretada entre os adolescentes e as persoas de terceira idade, ten un ordenador local dende o que conectarse con outros e do cal lle costaría moito desfacerse. A que se debe esto? Internet facilitou moito a vida das persoas, fíxoa máis sinxela. Actualmente, pódese incluso pedir cita para o médico sen nen sequera levantarse da cadeira de brazos da casa.
Fálase da Web 2.0 e da Web 3.0 pero, en que consisten? A primeira ten tres trazos identificativos, que son os novos mecanismos de relación e comunicación, a utilización de estándares web para a creación de servicios distribuidos en Internet e a mellora dos interfaces. Este termo que se cmezou a usar en 2004 ven a dicirnos que os usiarios engaden valor. Agora non se trata de buscar, senón de aportar; non se trata de ler, senón de escribir para compartir. Os usuarios da rede deixan de ser pasivos para convertirse en parte activa. En canto á Web 3.0, vai un paso máis alá e convértese nunha especie de modo de vida. Este termo asóciase ao concepto de web semántica que se desenvolve baixo a tutela de Tim Berners-Lee, e caracterízase polos mundos virtuais, a representación de avatares, os xogos integrados, o fluxo de todos os medios...

Somos dependentes desta rede? Ata certo punto, sí. Pasamos de telo nos ordenadores e conectarnos na casa, no instituto ou no traballo a levalo constantemente connosco no móbil. Afixémonos a un modo de vida no que constantemente, consultamos o que acontece no mundo virtual, esquecendo moitas veces que a verdadeira vida se desenvolve no mundo real.

viernes, 12 de octubre de 2012

¿Quién es periodista?


Definir algo así resulta muy complicado tanto para los que están metidos en el mundillo como los que permanecen ajenos a ello.
El periodismo es, en primer lugar, una vocación. El periodista se hace en muchos aspectos, pero para ello es preciso nacer como tal. Por decirlo de otra forma: se nace periodista y este modo de vida se pule a lo largo de los años.
El periodista es una persona con poco tiempo libre, que debe ser consciente del mundo en el que vive y observarlo desde tantos prismas como sea necesario. Dentro de la imposibilidad de la objetividad pura, un buen profesional debe dejar de lado sus opiniones (a menos que estas sean explícitamente requeridas) para informar a la gente de lo que acontece más allá de su área de conocimiento. Mantenerse activo en la búsqueda de datos que puedan resultar interesantes, no dejar de lado la profesionalidad y el respeto, saber moverse por el mundo que lo ocupa... el periodista es una persona que no para, activo en todo momento.
¿Son necesarias las escuelas de periodismo para ser periodista? Más allá de la formación que estas proporcionan, lo cierto es que se puede ser un buen periodista sin haber estudiado. Los conocimientos que se adquieren en las universidades hoy en día no son indispensables para llegar a ser un profesional valorado, ya que el periodista se hace con la experiencia que gana en el día a día. ¿Acaso no son periodistas Gabriel García Márquez o Kapucinski? Ellos (y otros como ellos) desempeñaron un importante papel como tal, informando de lo que ocurría a lo largo y ancho del mundo, muchas veces sin pelos en la lengua, y terminaron por hacer de la profesión lo que es hoy en día. El título ayuda, pero no acredita que seas un profesional. El aprendizaje recibido de unos profesores que saben de lo que hablan es impagable, pero a la hora de salir al mundo real, en el que no se te califica por la nota en un examen o la participación en clase, es cuando debe aparecer el verdadero periodista, el que actúa por si mismo o bajo los parámetros del medio para el que trabaje.
Hoy en día hay profesionales con título o sin él trabajando en diferentes medios de comunicación. No me refiero a Belén Esteban, a la que unos cuantos denominan «la princesa del pueblo» (y yo me pregunto: ¿qué clase de pueblo quiere una princesa así?), sino a profesionales que forman medios tales como Periodista Digital, Periodismo Humano, Periodismo Ciudadano o 233grados, así como aquellos canales de televisión, emisoras de radio y medios impresos que todos vemos en el día a día para que nos informen de las cosas trascendentales que pasan en el mundo. Sin ir más, lejos, Carles Francino o Ángels Barceló no tienen título y son muchos los que los consideran un referente en el mundo periodístico.
No quiero decir con esto que cualquier persona pueda llegar a ejercer el periodismo ni mucho menos. Yo misma estoy estudiando la carrera porque considero que la formación que en ella se me proporciona es importante a la hora de salir al mundo laboral, pero soy consciente de que no es el único camino para poder llegar a vivir de lo que me gusta. Seguramente, habrá gente que no estudie periodismo en ninguna universidad y que, sin embargo, sea mucho mejor que yo a la hora de actuar como tal.
En la época que nos ha tocado vivir, en la que para muchos el periodismo ha perdido esencia y prestigio, estudiar esta profesión es más que nunca un acto de fe en el oficio. Se estudia periodismo porque se cree en él y es la forma más fácil de llegar a ejercer como tal algún día.

Al final de su discurso ante la 52ª Asamblea de la Sociedad Interamericana de Prensa (SIP) en Los Ángeles (EE.UU.) el 7 de octubre de 1996, Gagriel García Márquez escribía algo que me ha parecido muy acertado sobre la profesión del periodista: «El periodismo es una pasión insaciable que sólo puede digerirse y humanizarse por su confrontación descarnada con la realidad. Nadie que no la haya padecido puede imaginarse esa servidumbre que se alimenta de las imprevisiones de la vida. Nadie que no lo haya vivido puede concebir siquiera lo que es el pálpito sobrenatural de la noticia, el orgasmo de la primicia, la demolición moral del fracaso. Nadie que no haya nacido para eso y esté dispuesto a vivir sólo para eso podría persistir en un oficio tan incomprensible y voraz, cuya obra se acaba después de cada noticia, como si fuera para siempre, pero que no concede un instante de paz mientras no vuelve a empezar con más ardor que nunca en el minuto siguiente.»