sábado, 8 de diciembre de 2012

A gran señora da prensa.

Presento aquí unha pequena biografía desta muller sacada de Mujeres para la historia: la España silenciada del siglo XX. O traballo sobre Mariluz une dúas asignatudas: Documentación Informativa e Xéneros Informativos en prensa pero, sobre todo, permitiume coñecer unha figura fundamental no xornalismo español da que nin sequera escoitara falar até hai tres meses.

Nada en Coruña en 1998, por mor do traballo do pai emigraría primeiro a Andalucía e logo a Barcelona. Este falede na I Guerra Mundial, o que obriga a Mariluz a gañarse a vida por si mesma.
Con 21 anos, Mariluz é escollida para dirixir El hogar y la moda. Máis tarde acolle o sobrenome de Felipe Centeno para escribir críticas de cine. Esta faceta súa levaríaa a traballar na Paramount como asesora literaria das películas americanas, convertíndose na precursora das críticas de cine en España. María Luz Morales pasa do cine ao teatro en 1933, acadanco por fin a oportunidade de traballar no que máis lle gusta, paixón á que estaría vencellada toda a vida.
 De 1926 a 1934 escribiu a sección fixa «La mujer, el niño y el hogar» no diario madrileño El Sol. Escribir este tipo de seccións daría pe a que se crese no seu feminismo, mais a autora galega sempre defendeu que ela non o era.
As súas adaptacións para nenos foron recoñecidas de utilidade pública. Son pequenos textos que publicou coa editorial Araluce de esquisita delicadeza, adaptacións de grandes da literatura como Goethe.
En 1939, todos os redactores de La Vanguardia son cesados e Mariluz é escollida para dirixir este xornal durante seis meses, o que a convertiría na primeira muller en dirixir un xornal. Seguiría escribindo baixo os pseudónimos de Ariel e Jorge Marineda.
Un ano despois é encarcelada en pésimas condicións nunha das aulas dun convento de monxas da estrada de Sarriá. Negouse sempre a falar deste período.
Ademais dos citados xornais, Mariluz colaborou con Lecturas dende a súa fundación e tamén traballou para Diario de Barcelona.
Funda en Barcelona a Residencia de Señoritas Estudiantes, quizais recordando o lugar onde se hospedaba cada vez que viaxaba a Madrid: a Residencia de Señoritas onde coñecería á súa querida e admirada Gabriela Mistral.
A pesares de visitar Galicia en contadas ocasións e de marchar moi nova da súa terra, Mariluz nunca renunciaría á comunidade que a viu nacer. Así o demostran diversos artículos e un libro, Balcón ao Atlántico, onde mostra o seu cariño por esta parte da xeografía española. De feito, participou na aprobación do Estatuto do 36 e mantería amizade con intelectuais como Blanco Amor, co que mantivo unha extensa correspondencia.
En Alguien a quien conocí, libro no que relata os seus encontros con diversas personalidades como Lorca ou Marie Curie, Mariluz escribía: «non quixen ser outra cousa que isto que humildemente son: simple e sinxelamente, xornalista». Toda unha declaración de principios que mantivo ao longo da súa vida. Sobran as palabras cando os feitos, a pesares de non seren debidamente coñecidos, o din todo.

Cabe apuntar que son poucos os lugares onde se pode obter información desta figura. Mariluz non parou nin un instante de traballar, nunca casou nin tivo fillos pero tampouco cansou de exercer aquelo no que cría: o xornalismo. Os seus libros non son doados de atopar nas librerías e tan só en algunha biblioteca é posible acceder a exemplares dos xornais que ela dirixiu. Foi unha muller esquisita, educada, dunha clase social alta que a condicionou sempre pero que non lle fixo perder a humildade.
O mundo do xornalismo e o país en xeral débelle un recoñecemento a esta muller incansable, defensora do oficio que exerceu por riba de todos e que foi coñecida como a Gran Señora da Prensa.

2 comentarios:

  1. A data de nacemento debe estar errada.
    Pero a aportación é interesante.
    Un artigo tamén sobre esta muller en elpais.com
    http://elpais.com/diario/1980/09/26/cultura/338767211_850215.html
    ou tamén
    http://escritoras.com/escritoras/Maria-Luz-Morales
    ou tamén en catalán
    http://www.dbd.cat/index.php?option=com_biografies&view=biografia&id=679

    ResponderEliminar
  2. Efectivamete, a data está errada. María Luz Morales non naceu en 1998, senón en 1898.
    Moitas gracias.

    ResponderEliminar