Presento aquí unha pequena biografía desta muller sacada de Mujeres para la historia: la España silenciada del siglo XX. O traballo sobre Mariluz une dúas asignatudas: Documentación Informativa e Xéneros Informativos en prensa pero, sobre todo, permitiume coñecer unha figura fundamental no xornalismo español da que nin sequera escoitara falar até hai tres meses.
Nada en Coruña en 1998, por mor do traballo do pai emigraría primeiro a Andalucía e logo a Barcelona. Este falede na I Guerra Mundial, o que obriga a Mariluz a gañarse a vida por si mesma.
Con 21 anos, Mariluz é escollida para dirixir El hogar y la moda. Máis tarde acolle o sobrenome de Felipe Centeno para escribir críticas de cine. Esta faceta súa levaríaa a traballar na Paramount como asesora literaria das películas americanas, convertíndose na precursora das críticas de cine en España. María Luz Morales pasa do cine ao teatro en 1933, acadanco por fin a oportunidade de traballar no que máis lle gusta, paixón á que estaría vencellada toda a vida.
De 1926 a 1934 escribiu a sección fixa «La mujer, el niño y el hogar» no diario madrileño El Sol. Escribir este tipo de seccións daría pe a que se crese no seu feminismo, mais a autora galega sempre defendeu que ela non o era.
As súas adaptacións para nenos foron recoñecidas de utilidade pública. Son pequenos textos que publicou coa editorial Araluce de esquisita delicadeza, adaptacións de grandes da literatura como Goethe.
En 1939, todos os redactores de La Vanguardia son cesados e Mariluz é escollida para dirixir este xornal durante seis meses, o que a convertiría na primeira muller en dirixir un xornal. Seguiría escribindo baixo os pseudónimos de Ariel e Jorge Marineda.
Un ano despois é encarcelada en pésimas condicións nunha das aulas dun convento de monxas da estrada de Sarriá. Negouse sempre a falar deste período.
Ademais dos citados xornais, Mariluz colaborou con Lecturas dende a súa fundación e tamén traballou para Diario de Barcelona.
Funda en Barcelona a Residencia de Señoritas Estudiantes, quizais recordando o lugar onde se hospedaba cada vez que viaxaba a Madrid: a Residencia de Señoritas onde coñecería á súa querida e admirada Gabriela Mistral.
A pesares de visitar Galicia en contadas ocasións e de marchar moi nova da súa terra, Mariluz nunca renunciaría á comunidade que a viu nacer. Así o demostran diversos artículos e un libro, Balcón ao Atlántico, onde mostra o seu cariño por esta parte da xeografía española. De feito, participou na aprobación do Estatuto do 36 e mantería amizade con intelectuais como Blanco Amor, co que mantivo unha extensa correspondencia.
En Alguien a quien conocí, libro no que relata os seus encontros con diversas personalidades como Lorca ou Marie Curie, Mariluz escribía: «non quixen ser outra cousa que isto que humildemente son: simple e sinxelamente, xornalista». Toda unha declaración de principios que mantivo ao longo da súa vida. Sobran as palabras cando os feitos, a pesares de non seren debidamente coñecidos, o din todo.
Cabe apuntar que son poucos os lugares onde se pode obter información desta figura. Mariluz non parou nin un instante de traballar, nunca casou nin tivo fillos pero tampouco cansou de exercer aquelo no que cría: o xornalismo. Os seus libros non son doados de atopar nas librerías e tan só en algunha biblioteca é posible acceder a exemplares dos xornais que ela dirixiu. Foi unha muller esquisita, educada, dunha clase social alta que a condicionou sempre pero que non lle fixo perder a humildade.
O mundo do xornalismo e o país en xeral débelle un recoñecemento a esta muller incansable, defensora do oficio que exerceu por riba de todos e que foi coñecida como a Gran Señora da Prensa.
Episteme sobre la información documentada
sábado, 8 de diciembre de 2012
jueves, 6 de diciembre de 2012
Uns pequenos apuntes sobre indilización e metadatos en particular
Nas clases
correspondentes aos días 29 de novembro e 5 de decembro tratamos a
indización e a clasificación dos recursos na World Wide Web, así
como a importancia dos metadatos e as bases de datos. Aquí está
unha pequena reflexión sobre o tratado nesas dúas horas:
Indizar é, segundo
a norma ISO 5963 (1983), describir ou representar o contido temático
dun recurso de infomación. Dito doutro xeito, a indización consiste
en catalogar e describir os recursos a través de palabras clave que
forman parte dun índice terminolóxico ou vocabulario controlado. A
WWW é o lugar principal onde ollar información, unha especie de
enciclopedia inmensa e universal a cuxos datos se pode acceder de
xeito inmediato.
A indización ten
unha serie de cualidades que son a especificidade, que depende da
correcta utilización dos termos e conceptos; a exhaustividade, que
consiste na maior oferta de repertorio posible e pertinente de temas,
obxectos e conceptos representados no documento; a pertinencia,
segundo a cal se debe acustar o emprego dos termos para que resulte
útiles para os usuarios, xa que un bó descritor debe responder ás
espectativas da busca; e coherencia, que se mide pola linguaxe
documental e que depende dos descritores, vocabulario e terminoloxía
usados. É moi subxectivo.
A
indización pode ser libre ou controlada. A primeira refírese a
identificación a través dunha lista ou conxunto aberto de termos e
a segunda a unha lista ou conxunto pechado de termos. O control
destes últimos plásmase en vocabularios controlados (glosarios,
diccionarios...), que son listas de termos cun significado concreto
que facilitan a busca e recuperación da información e que se
caracterizan por evitar a ambigüidade; en tesauros, nos cales os
termos gardan entre sí relacións semánticas de equivalencia,
xerarquía ou asociación de xeito que a linguaxe representa de
maneira unívoca o contido dos documentos e serva tanto para
indización como para a recuperación e cuxo principal exemplo é o
Tesauro
da OIT; en
taxonomías, unha lista xerárquica en forma de árbol que parte dos
termos máis xerais aos máis específicos que permite a recuperación
de información e que tamén se pode utilizar como sistema de
clasificación temática para organizar coleccións de pequenas
bibliotecas ou centros de información sobre o tema de traballo, como
a Taxonomía
da OIT;
en mapas de coñecemento, conceptuais ou temáticos, que son unha
representación visual útil para representar sistemas de
organización de coñecemento estruturados en forma de rede; e en
ontoloxías, un tipo de tesauro máis desenvolto que representa a
conceptualización dun determinado campo de coñecemento mediante
estruturas semánticas.
Antes
de analizar os recursos, os sistemas de información deben crear o
fondo dacordo coas necesidades e obxectivos do mesmo. Así, definen
unha política de adquisición para que sexa coherente e equilibrada
a información seleccionada, seleccionan os documentos e adquírenos
mediante a compra, as subscripcións, os donativos, os intercambios e
o depósito legal para bilbiotecas públicas, o que asegura a
conservación da «memoria documental» da comunidade e a súa
difusión (as editoriais, non os escritores).
A
normalización da identificación bibliográfica facilita a
identificación unívoca do material a través dun código numérico
normalizado para cada obra publicada. Estes identificadores poden ser
depósito legal, ISBN (International
Standard Book Number),
que identifica a edición dun título dun editor específico, e ISSN
(International
Standard Number),
que identifica unha publicación periódica ou seriada.Estes dous
últimos permiten
identificar unha publicación en calquera país e en calquera lingua,
polo que as operacións de troco, préstamos, intercambio de datos,
etc se ven facilitadas ao mesmo tempo que melloran os circuítos de
venda identificando rapidamente os pedidos entre editores, libreiros
e distribuidores.
Unha
vez se conta cos fondos, débese organizar os documentos en rexistros
para poder recuperalos máis tarde. Esto denomínase análise
documental, mediante a cal o contido se representa, de modo distinto
ao orixinal, nun sistema documental co obxectivo de poder recuperalo
cando se necesitan. O documentalista ocúpase de representalo
mediante un código que logo utilizará o usuario. Así, os
documentos primarios pasan a ser secundarios catalogados e
clasificados. En xeral, pódese falar de dúas fases: a análise
formal e a análise do contido. Na primeira identifícanse os
materiais integrantes dunha colección mediante a descrición
bibliográfica, (o documento clasifícase mediante as características
formais e externas como o autor, o título, o lugar e ano de edición,
tipo de encadernación), a catalogación (establecemento da lista de
documentos dunha colección, como autores e títulos, alfabéticos de
materias ou sistemático de materias) e os datos de localización (a
través dunha sinatura e o número de rexistro). A segunda consiste
nunha descripción do asunto que trata o documento e que require unha
lectutar pormenorizada. A operación mediante a cal se describe o
contido conceptual e se agrupa por temáticas que o represente
denomínase clasificación. A CDU
(Clasificación
Decimal Universal) enumera o coñecemento en 10 grandes grupos
divisibles: diccionarios, filosofía, relixións, ciencias sociais,
vacío, ciencias exactas e naturais, ciencias aplicadas, xogos e arte
e relacionados, xeografía e lingüistica e literatura.
Os recursos web
deben ser catalogados en tres pasos: identificar o traballo,
determinar os puntos de acceso para recuperalo con posterioridade e
almacenar a forma na que este acceso vai ser posible. As etiquetas
META identifican os contidos das páxinas web, xa que os buscadores
rastrexan na cabeceira dos documentos para estraer estas etiquetas.
Os metadatos son
fundamentais á hora de recuperar información. Son datos
estruturados e codificados de xeito que facilitan a búsqueda da
información que se require no ámbito dixital. Para asiganar os
metadatos, débense identificar cunha cabeceira que resuma o contido,
a propiedade intelectual (qeu supón un recoñecemento ao creador ou
autor de obras do intelecto humano) ou a tipoloxía e a materia que
nos permiten clasificar o documento debidamente para que a
dificultade de atopalo con posterioridade sexa mínima. Así, os
documentos tamén quedan relacionados entre eles. Ademais, hai varios
modos de asociar metadatos con recursos dixitais:
-Incrustando os
metadatos dentro do propio documento, xeralmente na cabeceira do
arquivo.
-Asociando os
metadatos a través de arquivos, usado especialmente para material
multimedia, imaxes ou sons.
-Metadatos
independentes, que se mateñen en xeral nunha base de datos
xestionada por unha organización de control directo. Adoita ser
usada polas organizacións que non queren que os seus datos estean ao
alcance dos motores de busca.
Por outra banda, os
metadatos poden clasificarse segundo a función que cumplan e da
caracterización dos seus contidos a través dunha serie de atributos
en metadatos administrativos (para a xestión e administración dos
recursos dixitais de información), descritivos (para representar
recursos de información) ou estruturais (facilitan a navegación e a
presentación dos recursos).
Existen
diferentes esquemas de metadatos que dependen dos sistemas e servizos
de información dixital na WWW. Unha das iniciativas máis coñecidas
é Dublin
Core Metadata Element Set,
de caracter xeral e que recolle a descripción de referencia dos
elementos que identifican os metadatos. Creada en 1995, abarca 15
descritores que se distribúen en contido do recurso, propiedade
intelectual e instancia do recurso. Ademais, existen ourtos formatos
a ter en conta, como Metadata
Encoding and Transmission Standard
(METS),
VRA-Core de la Visual Resources Association, Resource
Description Framework
(RDF)
ou formatos de metainformación para información xeográfica.
A
Folcsonomía ou Folksonomía é unha forma de indización que
consiste na clasificación social de contidos. Así, vanse incluíndo
etiquetas simples, sen xerarquías, de xeito que sexan os usuarios os
que colaboran na descrición dun espazo informativo para establecer a
listaxe de termos clave. O tagging (de tag, marca) xera unha
navegación baseada na exploración que se ven representados nas
nubes de termos.
Os
bookmarks (páxina de favoritos) identifican as páxinas coas
palabras para poder recuperar todas as páxinas cun contido
determinado a través das palabras clave.
As
bases de datos recompilan todo tipo de información para atender as
necesidades dun amplo grupo de usuarios. Están organizadas por
rexistros e campos (cada un dos elementos que fomran un rexistro) e
facilita a recuperación de toda clase de información consistente en
textos, gráficas, imaxes... Esta información está almacenada en
documentos perfectamente identificados en función do contido e as
propiedades semánticas. Cabe salientar as palabras claves, que son
fundamentais á hora da busca de información.
Existen
varias clasificacións das bases de datos en función de criterios
diversos:
-Segundo
a natureza da información poden ser referenciais (como Oracle),
que son os directorios e tamén as bibliográficas e que remiten a
outros documentos, institucións, persoas... ou documentais, que
serían textuais, numéricas ou multimedia e que conteñen textos
completos, datos estatísticos e imaxes fixas ou en movemento
respectivamente.
-Segundo
o tipo de cobertura temática podemos falar de bases de datos
multidisciplinares, nas cales a documentación abarca diferentes
eidos científicos (o caso de TESEO
, unha base de datos que almacena todas as teses que se presentan en
España é moi representativo), ou especializadas, nas que a
información alamcenada versa sobre unha mesma disciplina.
-A
cobertura xeográfica permítenos diferenciar bases de datos
internacionais cuxa información provén de moitos lugares do mundo,
e nacionais, que almacenan información dun único país (de España
no noso caso, IME
e ISOC).
Por
outra banda, debemos diferenciar entre páxinas invisibles e páxinas
dinámicas. Páxinas
invisibles son ás que normalmente non acceden os nosos buscadores
porque non están ben indizadas. Existen pero non accedemos a elas.
Páxinas dinámicas son aquelas que che aparecen cando ti fas unha
busca Van cambiando dependendo da mesma. O marco de todas estas
páxinas é o deseño, que as divide en tres partes: corpo, título e
enlaces.
Por
último, cabe destacar a existencia da literatura
gris que non se move polo circuíto tradicional de difusión. Son
todos aqueles textos, documentos e recursos que non seguen estes
discursos.
*A
imaxe foi obtida do seguinte enlace:
http://ratonesinformaticos.blogspot.com.es/2012/03/conceptos-basicos-de-bases-de-datos.html
Etiquetas:
bases de datos,
folksonomía,
indizar,
metadatos
sábado, 24 de noviembre de 2012
A EVALUACIÓN DA INFORMACIÓN NAS WEBS
Á hora de buscar información na rede, debemos ser
coidadosos coa escolla. A miúdo, atopámonos con contidos
incorrectos ou mal identificados que debemos tratar antes de publicar
ou ter en conta para elaborar as nosas propias creacións.
A calidade dos contidos, sen embargo, é algo subxectivo
que depende dos ollos de quen o mire. Así, o que para unha persoa é
un dato indispensable, para outra pode ser totalmente prescindible; a
información sen a cal non se podería elaborar un traballo pode
sobrar en moitos outros... Así, pode determinarse que a calidade
depende de moitos factores en función das características da
información e de aquelo que se quere elaborar. No caso dos
documentos dixitais, as características a ter en conta máis
salientables son a autoría, a actualidade, o contido, o deseño, a
accesibilidade e a audiencia.
A
autoría fai referencia tanto ao autor da información coma ao lugar
no que esta está ubicada. Ademais de saber o nome do autor, debemos
coñecer algo sobre este que nos permita diferenciar os posibles
intereses que poida albergar con respecto aos datos que publica. A
autoridade (estalle permitido falar sobre o que o fai? Que formación
ten?) así como un contacto tamén han de ser tidos en conta. Se está
relacionado cun organismo debemos preguntarnós se o que publica
responde aos intereses deste ou aos propios, e de telos, cales son os
seus propósitos. Ademais, o feito de que o traballo estea colgado en
sitios web identificados con .org, .com ou .edu dalles máis
fiabilidade.
A
actualidade móstranos a atención que o autor lle presta ao sitio
web e ao documento que nel se presenta. Non se refire tan só ao
texto cos datos datos, senón tamén aos recursos multimedia, aos
interactivos e á hemeroteca que o compoñen. Os enlaces rotos son un
mal síntoma, e se hai moito tempo da última actualización é algo
a ter en conta á hora de recoller a información de xeito negativo.
Así mesmo, a periocidade coa que se publica vólvese fundamental.
O
contido fai referencia a dous aspectos fundamentais: á exactitude e
á obxectividade. Por un lado, o contido é o asunto que se trata e a
forma na que este tratamento lle é dado. A calidade, a
orixinalidade, o título acorde co tema e os enlaces, fontes, citas e
referencias que nos leven a unha ampliación da información son os
elementos que debemos ter en conta para avaliar a validez da
información. Se ademais está correctamente escrito, sen erros de
ningún tipo e é sinxelo entender o que nos conta, o interés do
documento aumenta considerablemente. En canto á obxectividade, hai
que ter en conta que nunca é total, xa que todo texto conleva
subxectividade, pois depende da persoa que o elabora, con opinión e
criterio propio. Non obstante, podemos atopar textos bastante
obxectivos se intentamos buscar algúns elaborados por autores que
non estean vinculados a ningún organismo ou que, de estalo, os
elaboren de xeito independiente. Se a publicidade é independente da
páxina, a quen vai dirixida, o rigor, a independencia e a cantidade
de datos tamén deben ser tidos en conta.
A
audiencia á que vai dirixida a información determina non só as
características desta, senón tamén como está expresada. Así, se
é máis especializada, contén termos que só un determinado sector
con coñecementos provios pode chegar a asumir. Non obstante, o
mellor é que a web sexa accesible para o maior número de persoas en
calquera situación e en calquera momento.
O
deseño da páxina pode chegar a facilitar enormemente a comprensión
do que nela se expón. A facilidade para navegar e a flexibilidade
dos hiperenlaces favorece que a xente quede máis tempo na web. Cores
que non molesten a lectura, debuxos e gráficos simplificadores da
información, partes (cabeceira, barra de navegación, contido,
contacto e webmaster) ben diferenciadas, tipografía elixida con
criterio... todo esto debe ser tido en conta polo lector. Se a páxina
está en construcción ou a información que proporciona non é
completa, é perxudicial. Ademais, débese indicar a posible
existencia da versión impresa (como sucede cos xornais, por exemplo)
e a maneira de poder acceder a ela coa maior rapidez e facilidade.
A miúdo
usamos as páxinas web sen ter moi en conta que os criterios de
fiabilidade que a información ofertada nas mesmas sexan positivos.
Navegamos con rapidez, moitas veces apenas permanecemos o suficiente
nun espazo web para ler por riba de que trata, co cal a asimilación
nos resulta cando menos dificultosa. Non nos preguntamos sobre a
autoría e os intereses que conleva, a posiblidade de que detrás
estea un interés empresarial, económico ou político, se vai
dirixido ou non a nós e incluso pasamos por riba se é actual ou se
se actualizou por última vez hai tanto que os datos que alí
atopamos son obsoletos.
Debemos
aprender non só a buscar a información o máis velozmente posible,
senón a facelo con corrección e a escollela co sufuciente criterio
para que os contidos que nós elaboremos non nos xoguen unha mala
pasada.
*Texto
elaborado a partir das clases de Documentación dos días 21 e 22 de
novembro de 2012.
martes, 13 de noviembre de 2012
Unha pequena introdución aos arquivos da CRTVG e en Rusia
VISITA
AO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA CRTVG
O semana pasada os alumnos de segundo de Xornalismo da
USC tivemos a oportunidade de visitar o Centro de Documentación da
Televisión de Galicia. Esto supuxo un gran descubrimento para a gran
maioría, que descoñecíamos a labor de documentalistas,
informáticos, persoal de mantenemento e outras persoas que
permanecen na sombra pero sen cuxo traballo o xornalismo deixaría de
ser como é.
Nos arquivos
permanecen gardados imaxes e sons que pouco a pouco son pasados a
formatos máis modernos dentro das posibilidades de cada órgano. No
caso da televisión de Galicia, dende que comezou a emitir os días
24 e 25 de xullo os actos do Apóstolo,
lévanse almacenadas
unhas 400000 cintas. Ao principio, gardábase o material en
«bruto», mais en 1988 tomouse a decisión de comezar a compactalo,
de xeito que o espazo das cintas se aproveitase moito máis.
O material está gardado nun edificio en San Marcos, e o
depósito abrangue 700 metros cadrados. As condicións son as óptimas
para este tipo de ferramentas, que se atopan nun ambiente cuxa
humidade e temperatura son rigorosamente controladas. Así, os
informativos, os programas deprodución propia como os especiais de
fin de ano e a ficción. Neste último caso, os arquivos son tratados
de xeito diferente, pois os dereitos de emisión son mercados para
uns días determinados e tan só a dobraxe pertence á cadea.
Estes
permanecen a bó recaudo até que son solicitadas para a súa
reemisión, para reelaborar programas que percisan dun fragmento
doutros ou incluso como planos de recurso, que son aqueles que se
utilizan na edición ou montaxe como recheo para dinamizar. Tamén é
importante gardar estes vídeos o tempo estipulado na lei por se
houbese algún problema legal, así como para posibles solicitudes
por parte de particulares, institucións ou outras canles de
televisión. A menos que haxa un impedimento legal, o préstamo é
posible. Non obstante, non só se conservan os materiais audiovisuais
da televisión, senón que tamén debe ser gardada a documentación
escrita, a radiofónica
ou a gráfica.
A información contida nestes arquivos é tan ampla que
non só abarca os programas emitidos da propia canle, como cabía
supor, senón tamén os anuncios publicitarios ou noticias chegadas
directamente das axencias. Gardar toda esta información leva moitas
horas de traballo. Para gardar media hora de vídeo e audio, os
documentalistas precisan dúas horas laborais, xa que teñen que
identificar o contido do vídeo parte por parte para que sexa máis
sinxelo de atopar nun futuro o caso concreto que se busque.
Actualmente, traballan na CRTVG 17 documentalistas, un persoal
insuficiente.
OS
ARQUIVOS EN RUSIA
O oito
de novembro de 2012, un profesor ruso, Rakoi, impartiu unha clase na
aula dúas da facultade de ciencias da Comunicación para os alumnos
de segundo de grao.
O cine
chegou a Rusia en 1896. O primeiro film ruso foi rodado polo cámara
dos irmáns Lumiere e contaba a coroación do Zar Nicolás II. Pouco
despois, tería lugar outro feito fundamental na historia do cinema
ruso: abriría Pathe Gaumont, unhas salas de exhibición. A partir
dese momento, comezarían a producurse películas que competirían
coas creacións alemás ou francesas.
Durante
a I Guerra Mundial, os produtores promoverán filmes anti-alemáns.
Non obstante, trala Revolución Rusa en 1917, desaparece o cine do
imperio ruso.
As
empresas de cine serían as que lle darían un maior auxe ao xénero.
Según o profesor, a máis importante é Hanz-honkov,
mais non é a única con forza no panorama ruso.
Antes
de 1948 non hai arquivos de cine. Pero a partir da creación de
Gosfilmofond, que forma
parte da Federación Internacional de Arquivos de Filmes, esto
cambiaría. Neste arquivo non só gardan cintas de orixe ruso, senón
tamén doutros países. Entre outros, atópanse aquí películas de
Pedro Almodóvar ou Buñuel, así como pequenos fragmentos da chegada
dos nenos de Rusia (menores de idade enviados dende a zona
republicana de España) a este país en 1937. Do mesmo ano, conservan
un estracto do filme de Carlos Velo (cineasta ourensán que sería
figura clave do cinema mexicano) sobre Galicia. En canto ás
películas de propaganda, estas serían organizadas despois do
período soviético. En total, hai uns dous millóns de filmes.
En 1974
organizouse Gosteleradio. Tamén sería a partires destes anos cando
as empresas comezarían a recibir axudas por parte do Estado.
Na
páxina web dos arquivos rusos
pódense atopar virtualizados moitos documentos audiovisuais de
interese público, xa que ademais de estar presentes de forma física
no arquivo do país, tamén están virtualizados e transladados á
web.
Bibliografía:
-Valle
Gastaminza, Félix de. «La documentación en televisión« [en
liña]. Universidad
Complutense, Facultad de Ciencias de la Información.
<http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/doctv.htm>
-Gobierno
de España, Ministerio de Educación «Media televisión» (en liña)
domingo, 4 de noviembre de 2012
Somos unha sociedade enferma e que precisa cura urxente
EL
SÍNDROME DE INMUNODEFICIENCIA SOCIAL
Resumo
A
inmunodeficiencia é un estado patolóxico no que o sistema inmune
non cumpre co papel de protección que lle corresponde. É dicir: o
organismo queda vulnerable ás infeccións de todo tipo por falta de
protección. Aplicado ao ámbito social, enténdense que o organismo
(a sociedade) non se protexe o suficiente como para que as infeccións
(a corrupción, a falta de ética...) permanezan lonxe.
Actualmente,
dáse na sociedade unha gran cantidade de infeccións: políticos e
institucións corruptos, falta de valores en todos os estratos... A
miúdo, esta permanece allea ao que acontece no seu seo. Tal e como
José Antonio Marina explica no seu texto, ao ser tolerantes os
comportamentos deshonestos deben ser cada vez maiores para que
sexamos capaces de percibilos. Entramos así nun bucle do que resulta
moi complicado saír, xa que, tirando de refraneiro popular, non hai
maior cego que o que non quere ver.
Vivimos
nun pesimismo constante que non merma porque a crise é constante e
cada día saen á luz máis casos de corrupción.
«Posto que as cousas son como son e non teñen remedio, para que
esforzarse?». Esta oración sacada do texto de Marina reflicte
perfectamente o pasotismo que día a día mostran moitos cidadáns.
Síntense impotentes e, ao mesmo tempo, poucos intentan facer algo
para solucionalo. Todos temos a obrigación de xulgar sobre as cousas
que afectan ao ben común sempre e cando estemos informados e sexamos
o máis obxectivos posible.
Para
protexer o sistema inmunitario social, debemos castigar aos virus que
pretendan debilitalo e fomentar o pensamento crítico da cidadanía,
que debe participar. É a sociedade a que debería controlar aos
políticos para evitar que se convirtan en virus que desestabilicen o
seu sistema inmunitario. Ademais, a sociedade debe repeler os malos
actos e premiar os bós. Para que esto poida pasar, vólvese
indispensable a educación dos cidadáns, base para unha sociedade
xusta e que confíe en si mesma.
Listado
de claves sobre as que documentarse
1-Sociedade.
2-Ética.
3-Corrupción.
4-Tolerancia.
5-Xulgar ou non xulgar.
6-Pensamento crítico.
7-Xustiza.
8-José Antonio Marina
Fontes
e explicación da súa relevancia según as claves dadas
Para comprender mellor o texto de Marina, é preciso ter claros os
principais conceptos que se expoñen no mesmo. A través de
diferentes fontes (máis ou menos fiables), é posible documentarse e
entendelos.
1.- Sociedade.
Para entender o texto, é preciso comprender que é a sociedade tal e
como se entende hoxe en día. Así, débense consultar varias fontes
que nos permitan chegar a unha conclusión acertada sobre este
concepto.
-Diccionario Xerais da Lingua Ilustrado, Madrid,
Xerais, Novembro 1994
Define «sociedade» na súa primeira acepción como «Relación de
persoas que teñen algo en común» para engadir na seguinte
«Conxunto de individuos entre os que existen relacións duradeiras e
organizadas, xeralmente establecidas sobre institucións e garantidas
por leis.»
-Definición
de sociedade (en liña) http://definicion.de/sociedad/
Nesta páxina de internet na que aparecen diversos conceptos
definidos, establécese que sociedade é «un termo que describe a un
grupo de individuos marcadso por unha cultura en común, un certo
folclore e criterios compartidos que condicionan as súas costumes e
estilo de vida e que se relacionan entre sí no marco dunha
sociedade». Salienta o feito de que hai sociedades animais ademais
das humanas.
-Marina,
José Antonio. “El síndrome de inmunodeficiencia social” [en
liña]. El
Mundo Orbyt,
2012.
<http://rsocial.elmundo.orbyt.es/epaper/xml_epaper/Cr%C3%B3nica/25_03_2012/pla_3121_CRONICA_MADRID/xml_arts/art_8805858.xml?SHARE=6C23C0F29C6C4F158F7CA6264B48630505AC05FF5F05059E51D678A7744C743DEF68CA1A92718CA93E9A40388E697CF4F3988F64419F096BD2676EBF9AF45F3FABCF0FB6410CBF64DB0339B747317AAE5228BF44C2C053B532AD2E22B5B2CAB7>
[Consulta: 21 outubro 2012].
Neste artigo, Marina afirma que «a sociedade civil é esencialmente
política, porque ten que vivir na polis xa que é a vertebra dun
sistema legal, e concrétase nunha serie de institucións.» Ademais,
salienta a diferencia entre Estado e sociedade. «O Estado é unha
estrutura para exercer o poder que emerxe da sociedade e se impón a
ela». É a sociedade, según este autor, o que debe premiar as boas
condutas do Estado e castigar as malas. Aquí inflúe moito o que se
coñece como ética.
2.- Ética
Que é a ética? Porque ten que rexir os nosos comportamentos? Para
entendela, é necesario ver o que diferentes autores opinan sobre a
mesma.
-Monografías (en liña) http://www.monografias.com/
Buscando
nesta páxina de internet os diferentes puntos de vista de filósofos
como Platón, achegámonos un pouco máis ao concepto de ética.
Platón afirmaba que «a virtude é coñecemento e que este pode ser
aprendido.» Para el, coñecer a Deus é facer o ben, polo que os
inmorais son ignorantes. Tamén se poden consultar entradas sobre a
ética en sí.
-Varios autores, Diccionario
Real Academia Española (en liña) http://www.rae.es/rae.html
Os
académicos definen ética como algo «recto, conforme á moral» na
súa segunda acepción, sendo a quinta «conxunto de normas morais
que rixen a conduta humana».
-Youtube
«¿Qué es la ética?» http://www.youtube.com/watch?v=sQ_DWG34UOE
Este
vídeo educativo, aínda que por veces é lento, explica o que
básicamente é entendido por ética, así como a diferencia desta
coa moral e os puntos de vista de diferentes autores.
3.- Corrupción
Ao longo do artigo de Marina, obsérvase a importancia que este autor
lle da á corrupción nos diferentes ámbitos políticos. Afirma que
o que corrompe o fai porque o precisa para vivir, que se difunde coma
un virus que dana o organismo que é a sociedade.
-Páxina
web da RAE http://lema.rae.es/drae/?val=corrupci%C3%B3n
«Nas
organizacións, especialmente nas públicas, práctica consistente na
utilización das funcións e medios de aqueles en proveito, económico
ou doutra índole, dos seus xestores.»
-As
hemerotecas dos xornais e as seccións adicadas a estes temas son moi
boas fontes para coñecer os casos de corrupción máis cercanos a
nós. Así, consultando a sección de «Corrupción política» El
País (http://elpais.com/tag/corrupcion_politica/a/
) ou a hemeroteca de La Voz de Galicia (
http://www.buscavoz.es/search.php?q=corrupci%C3%B3n%20Espa%C3%B1a&db=&t=all&mind=&maxd=&s=date
) atopámonos cunha realidade máis cercana do que cremos (ambas en liña).
- Conde, Mario «El poder y ciertos periodistas: ¿opinión o corrupción?» (en liña),
23 de setembro 2012
http://www.fundacioncivil.org/2012/09/el-poder-y-ciertos-periodistas-opinion-o-corrupcion-un-articulo-de-r-blanco-valdes/
Neste
artículo, escrito por un home chamado Mario Conde, propónsenos
outra visión do traballo do xornalista. O autor fala dos xornalistas
corruptos, que en vez de informar, desinforman. Ademais, facilita un
enlace para un interesante artículo de (case) obrigada lectura de R.
Blanco Valdés
4.- A tolerancia da sociedade
Marina explica que a sociedade non se queixa, que permanece
aparentemente allea ás actuacións pouco morais que a rodean. Di que
non hai que ser tolerante co ben, senón aplaudilo, senón co mal,
pois a este hai que combatelo.
-UNESCO,
«Declaración de Principios sobre a Tolerancia» (en liña) do 16 de novembro
de 1995
http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=13175&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
A
UNESCO estableceu uns principios básicos de tolerancia e afirma que
«non só é un deber moral, senón ademais unha esixencia política
e xurídica.»
-Nacións
Unidas, Día Inernacional para a Tolerancia (en liña) 16 de novembro http://www.un.org/es/events/toleranceday/
Ainda
que esta páxina fai máis ben referencia á tolerancia como a
convivencia de persoas diferentes, non hai que esquecer que esa é
precisamente a base para a existencia dunha sociedade como tal.
-Definicións online (en liña) http://definicion.de/tolerancia/
Podemos
atopar aquí a definición de tolerancia según a RAE («respecto
polos pensamentos e as accións de terceiros cando resultan opostos a
distintos aos propios») e as orixes do termo, que procede do latín,
tolerare, que significa
«soportar».
5.-Xulgar ou non xulgar
Marina defende que «todos temos a obrigación de xulgar sobre cousas
que afectan ao ben común, e para iso debemos poñernos en condicións
de xulgar xustamente: informarnos, buscar a obxectividade, non
deixarnos levar por preferencias emocionais nin por intereses
persoais ou sectarios...»
-Varios autores, Constitución Española, (en liña) de 1978 http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/constitucion.html
Esta páxina web facilítanos os artigos da Constitución, onde están
recollidos os dereitos e deberes legais dos españois.
-Varios autores, Diccionario
web da RAE (en liña) http://lema.rae.es/drae/?val=JUZGAR
A RAE
define xulgar como «formar opinión sobre algo ou alguén». Todos
temos dereito a xulgar neste aspecto, a crearnos unha opinión sobre
os temas que nos incumben dun ou doutro xeito.
-Trias, Eugenio «La capacidad de juzgar» (en liña) 14 de marzo de 2001
http://www.elcultural.es/version_papel/OPINION/208/La_capacidad_de_juzgar
Aínda
que este artículo é de hai xa once anos, o certo é que é bastante
actual. Así, o autor preséntanos a través de Kant o tema que quere
tratar (a capacidade de xulgar das persoas) para rematar afirmando
que esta se está perdendo e corrumpindo
6.- Pensamento crítico
Ter un pensamento crítico sobre o que nos rodea é indispensable
para comprender o mundo no que vivimos. A miúdo, falamos de temas se
apenas coñecer a superficie que tratan. Afondar neles e naqueles
aspectos que teñen algo que ver cos mesmos é tarefa obrigatoria
para todos aqueles que queiran expresar a súa opinión. Ter unha
mente aberta, intentar ampliar coñecementos e reflexionar é
fundamental.
-Pensamiento
crítico (en liña) 20 de outubro de 2012 http://www.pensamientocritico.org/
Nesta páxina web escriben diversos autores sobre temas tan variados
como a globalización e a democracia, a crise ou a educación e as
desigualdades que se dan neste ámbito.
-Youtube
«Pensamiento crítico» http://www.youtube.com/watch?v=hgb1xdpapZc
Este vídeo explica en que se basea o pensamento crítico, na
búsqueda de solucións a problemas de forma razonada. Hai máis
vídeos nesta plataforma nos que se expoñen ideas sobre o pensamento
crítico.
7.- Xustiza
A xustiza é un concepto que moitos consideran indispensable pero no
que moi poucos cren realmente. A miúdo, a xustiza ríxese por
-Gallego, Javier «La justicia no existe» (en liña) Carne cruda 13 de febreiro de 2012 http://blog.rtve.es/carnecruda/2012/02/la-justicia-no-existe.html
Neste
texto, Javier Gallego fai unha comparación entre o que lle aconteceu
a Miles Davis no verán de 1959 e o acontecido nunha manifestación
do 10 de febreiro do ano presente en Madrid para determinar que a
xustiza non é tal.
-Cohen Agrest, Diana, «Si no hay castigo, no hay justicia» (en liña) 2 de agosto de
2012
http://www.lanacion.com.ar/1495364-si-no-hay-castigo-no-hay-justicia
Neste
artículo, Diana Cohen afirma que a única forma de poder afirmar a
existencia da xustiza e corroborando esta mediante castigos. Aqueles
que fagan o mal deben ser sancionados debidamente para que non volvan
errar.
8.- José Antonio Marina
Por último, para entender un texto é necesario coñecer ao seu
autor. Por moita obxectividade que calquera persoa pretenda reflectir
no que escribe, esta nunca será total.
-Biblioteca
UP http://www.bibliotecaup.es/index.php?tipo=autor
Nesta
páxina atopamos unha pequena bibliografía do autor, así como o
lugar e a data de nacemento (Toledo, 1939)
-Blog do autor: este é a dirección do blog do autor, cuxa páxina web (http://www.joseantoniomarina.net/
) está en construcción. Leva dende 2008 sen publicar novas
entradas.
-Librerías
online e librerías físicas. Nestas é posible atopar libros sobre o
autor, o que nos permite acercarnos un pouco máis á súa figura
literaria.
Algunhas fotes, como a páxina web da RAE, Youtube ou o Diccionario
Xerais da Lingua., son aplicabes a diferentes termos ou
conceptos. Outros diccionarios online, como wordreference
(http://www.wordreference.com/
) ofrécennos a oportunidade de acceder a sinónimos dos termos para
comprendelos mellor. Así mesmo, é posible consultar diversos blogs
onde os autores expoñen as súas opinións sobre os máis diversos
temas, permitíndonos ampliar coñecementos e ver as cousas dende un
punto de vista alternativo.
A
modo de conclusión
Vivimos
nun mundo onde os cartos mandan máis que a ética. Os valores están
agochados en recunchos aos que moi poucos se atreven a chegar para
rescatalos, temerosos de que a acepción destes os convirta no raro
entre a normalidade: un conxunto de persoas que vive por e para sí,
allea a maior parte das ocasións a todo aquelo que a rodea.
A miúdo,
cando coñecemos un caso de corrupción, este é comentado coa
familia, os amigos e mesmo no bar. Pero non adoitamos ir máis aló.
Escoitamos o que nos contan, opinamos como podemos sobre o tema e
despois esquecemos. Cremos que non é así, pero apenas nos movemos
para buscar unha solución a aqueles problemas que chegan máis aló
da porta da nosa casa.
Somos
unha sociedade cansa de tanta corrupción que por momentos parece
derrotada. Non no sentido bélico, onde só hai gañadores e
perdedores, senón no sentido anímico: se as cousas non melloraron
até o de agora, porque ían facelo nos próximos días, meses, anos?
O pesimismo instaurase por doquier, e moi poucos son capaces de
combatelo.
Cada
persoa como individuo debe ser capaz de xulgar, de formarse unha
opinión sobre cada un dos temas que a afecta de xeito máis ou menos
indirecto e de defender os dereitos que posúe. Cada persoa como
membro dunha sociedade debe saber convivir coas demais e respectalas,
así como defender aquelo que os identifica como membros dun
conxunto.
Existe a
corrupción, sí, a sociedade está enferma. Máis todos debemos ser
conscientes de que somos culpables e vítimas ao mesmo tempo, de que
somos as células que forman o organismo ao mesmo tempo que parte do
equipo médico que debe sanalo.
lunes, 22 de octubre de 2012
Documentación informativa
RESUMO
A
miúdo presnéntasenos a tarefa de documentarnos sobre certo tema e
vémonos na encrucillada de facelo de xeito rápido sen recurrir a
datos de fácil acceso e difícil credibilidade. Documentarse é algo
para o que todos cremos estar preparados e, sen embargo, moi poucos
son capaces de facer con total efectividade.
Neste
traballo pretendo reflectir en que consiste a documentación e que é
tal e como a entendemos. A documentación depende da información,
polo tanto tamén describirei como é esta na actualidade. As
funcións e a finalidade da documentación, así como o centro de
documentación nun medio, serán outros temas a tratar neste
traballo.
PALABRAS
CLAVE
Reunir, datos,
buscar, documentación, información, comunicación, xornalista,
veracidade, medio.
INTRODUCIÓN
E HISTORIA
Recurrimos á
información e, con ela, facemos uso da documentación día a día.
Úsamola sen percatarnos cando compramos un billete de avión ou de
tren, cando aceptamos as bases dun concurso, cando intentamos
entender como funciona un novo aparello electrónico... Pero para
entender a documentación, é preciso entender en que contexto se
desenvolve.
Por unha parte,
pódese dicir que a documentación apareceu coa escritura ou incluso
antes, coas pinturas que na prehistoria os nosos antepasados
realizaban nas paredes.
Non
obstante, considéranse que as orixes da documentación están no
3300 a.C., coa aparición da escritura e das primeiras bibliotecas.
Desta época datan as primeiras tablillas de arcilla atopadas na
rexión de Mesopotamia, actualmente a rexión de Irak. Os sumerios
comezaron a escribir por razóns administrativas, para levar as
contas do gando e o gran que entraba e saía, polo que as primeiras
anotacións solo contiñan números e mercadorías. Pouco a pouco, os
sumerios foron desenvolvendo un sistema de escritura máis complexo
até alcanzar a súa plenitude en torno ao 2500 a.C. Apenas 500 anos
despois, desaparecerían. Os exipcios tamén documentaban o que lles
acontecía, mais comezaron a facelo de xeito máis tardío. Arredor
do 3100 a.C., e até o século IV, os exipcios plasmarían sobre
papiro, arxila e pedra aquelo que pretendían reflectir do seu día a
día. Tras estas dúas civilizacións, chegarían as aportacións dos
chineses, dos gregos, dos fenicios e mesmo dos romanos. (Desta época
a Biblioteca de
Alexandría). A partir do século II a.C., e até a invención da
imprenta no século XV, aos materiais que habitualmetne se empregaban
para escribir engadiuse o pergamino, decisivo para o paso do formato
rollo ao formato libro. Coa chegada da imprenta, habería unha
revolución a partir da cal máis xente tería acceso aos libros.
Polo tanto, comezou a escribirse con maior asiduidade. Así,
comezaron a acumularse coñecementos de máis fácil acceso e
probablemente, máis fiables, xa que a información pasada de persoa
a persoa nunca chega como comeza. Os coñecementos comezaron a
acumularse e a ser de máis fácil acceso. Todo esto desembocaría no
nacemento da documentación como disciplina cienctífica.
A documentación
moderna naceu como disciplina hai uns cen anos nun contexto onde a
ciencia cobrou especial protagonismo. O positivismo marcou unha época
na que o método científico se volve indispensable e xorden
numerosas Academias científicas. Foron os intelectuais e eruditos do
século XIX os que viron a necesidade de reglamentar esta disciplina,
estando á cabeza Paul Otlet. Este belga, xunto con Henri La
Fontaine, ideou o Repertorio Bibliográfico Universal.
Paul Otlet creou o
Tratado de Documentación no que expón as nocións relativas ao
libro e ao documento. Desta forma, baixo o termo Documentación,
englobarase calquera actividade relacionada co documento, como a
Archivística, a Bibliografía, a Bibliotectonomía ou a Museoloxía,
entendo desta forma Documentación coma un termo integrador. Do
Tratado tamén se obtén a máxima de calquera documentalista a modo
de desideratas: «1)
Decilo todo dunha cousa; 2) Decilo todo nunha vez; 3) A verdade por
riba de todo; 4) Baix a forma máis apta para ser comprendida.
CONCEPTO
OU DEFINICIÓN
Que é, pois, a
documentación?
O termo
documentación ten a súa raíz en «documento», que procede do
latín «documentum» e cuxa raíz é «docere» (ensinar).
A Real Academia
Española define documentación como «acción y efecto de
documentar.» Indo máis alá, hoxe en día pódese definir como a
disciplina científica que nos permite buscar, atopar, agrupar,
gardar, analizar e presentar ante outros determinada información que
consideramos necesaria. Transladado ao ámbito periodístico, pode
definirse a documentación como o «saber práctico que ten por
obxecto a valoración, selección, clasificación e arquivo dos
textos e referencias que, unha vez recuperados, serven para elaborar
unha información xornalística verdadeira, intelixible e adecuada
e/ou difundir información de base xornalística», tal e como se
define en Teoría y práctica de la documentación informativa.
Pódese dicir que a documentación é un saber ao servizo dun saber
maior, xa que o xornalista que recurre a ela está a buscar a
información que despois tratará para presentala ante o público.
Se consultamos a
estudosos do tema, atopamos diversas
definicións para un mesmo concepto. Según Mortimer
Taube, a Documentación é «a unidade ou complexo de actividades
cuxa misión é preparar, recolectar, analizar, organizar, distribuir
e comunicar a información.»
Paul
Otlet, personaxe funtamental na Documentación tal e como a
entendemos hoxe, defínea como a «ciencia que corre paralela ao
desenvolvemento científico (...). Ciencia xeral auxiliar das de
todas as demais e que lles impón as súas normas dende o momento en
que estas transmiten os seus resultados en forma de documentos.»
Bradford,
un químico e bibliotecario que continou coa obra de Otlet no seu
libro Documentación
define esta non coma unha ciencia senón como a técnica que se
encarga de reunir e clasificar os diferentes rexistros.
Por
outra banda, hai autores como Foster Mohrhardt que ven a
documentación como unha parte da biblioteconomía.
Pero
se o que buscamos é unha definición de Documentación informativa
propiamente dita (e aínda que as definicións anteriores son
perfectametne aplicadas á mesma), podemos definir esta como a parte
da Documentación que serve de forma específica aos comunicadores ou
a aquelas persoas que se dedican a investigar no campo da
Comunicación. Por outra banda, o catedrático J. L. López Yepes
defínea como «aquela parte da Documentación que ten por obxecto o
estudo do proceso de transformación de fontes para a obtención de
novos coñecementos na investigación da comunicación social, e no
traballo no seo da empersa informativa.»
Ademais,
a documentación caracterízase porque se pode levarse a cabo a
través de diferentes medios: escritos, de audio, de imaxe ou ben
unha mistura entre calquera dos tipos anteriores. Hoxe en día,
internet é un dos recursos máis utilizados pola facilidade que
proporciona ao buscador de datos para atopalos. Non obstante, a
búsqueda en internet require dunha preparación por parte da persoa
que pretenda informarse a base do que atopa na rede. Moitas veces,
hai usuarios que colgan en determinadas páxinas información falsa,
e mesmo outros que cometen plaxios.
PRINCIPIOS
Félix del Valle
Castaminza, profesor de Documentación Informativa da Universidade
Complutense de Madrid, afirma que hai dúas clases de principios da
Documentación do traballo informativo: os teolóxicos e os formais e
circunstanciais.
Por un lado, este
autor fala de principios teolóxicos, marcados pola verdade como
obxectivo fundamental da información xornalística. Estes principios
engloban o principio verificativo, o explicativo e o editorial. O
principio verificativo está presente porque é a causa fundamental
da actividade xornalística, tal como se expuxo máis arriba, polo
que esta se orienta cara a consecución da verdade informativa. Ten
natureza crítica e a súa aplicabilidade universal en canto aos
contidos non se limita aos feitos, senón que alcanza aos xuícios e
ideas. A vericidade aporta credibilidade e autoridade aos datos. En
canto ao principio explicativo, destaca como causa final da
actividade documental xornalística. Os xornalistas aclaran a
información proporcionada para que a súa comprensión sexa máis
sinxela e facil de asimilar por parte das persoas que recurren a ela.
Por último, o principio editorial constitúe unha perspectiva
subxectiva das anteriores e reúne a dimensión ideolóxica do medio
e a formal. Así, un texto (por exemplo) será publicado ou non en
determinado xornal en función da liña editorial de dito medio e do
que se reflicta no texto mesmo.
En
canto aos principios formais e circunstanciais, son necesarios porque
a razón de ser da documentación está no seu uso posterior, é
dicir, na maneira na que as fontes sexan utilizadas en función da
finalidade á que a persoa que se documenta pretende acceder. Vólvese
necesario determinar a utilización futura das fontes e ollar con
coidado aqueles ámbitos que están restrinxidos. Dentro destes
principios, englóbanse o da perdurabilidade, o da adecuación
funcional e o limitativo. O primeiro deles fai referencia á
permanencia no tempo dos textos e referencias xornalísticas e a
utilidade futura que se lles pretende dar. O principio de adecuación
funcional é unha regra metodolóxica na actividade documental
xornalística pola cal esta se orienta ao tratamento específico que
precisa cada tarefa e medio documental en función da súa natureza e
do uso que se fai do mesmo. ´É dicir, adecúase a documentación a
aquela finalidade á que se pretende chegar. Esto require que as
fontes sexan tratadas según as súas características formais e que
cada tarefa ou función documental mediata sexa realizada dacordo coa
súa natureza propia. Por último, cabe destacar o principio
limitativo, que supón o conxunto de circunstancias reais da
actividade documental xornalística que limitan o seu exercicio, como
a localización, a liña editorial do medio, o ámbito de difusión,
o tipo de publicación, a periodicidade...
CARACTERÍSTICAS
DA INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE
A
información de actualidade é cambiante e constantemente aparecen
novos datos sobre temas actuais ou xa case esquecidos. As noticias
non son únicas no sentido de que están relacionadas entre sí, e
raramente se pode determinar os seus límites con claridade absoluta
e sen deixar lugar a dúbidas. Por esta razón, os medios deben ter
especial coidado coa información que proporcionan e documentarse o
mellor posible antes de presentala ante os usuarios para non dar
datos falsos. As fontes e a intencionalidade que teñan, o tempo, a
liña editorial do medio... todos estes inconvintes débense volver a
favor do bó xornalismo. A documentación é, pois, elemento
indispensable da información de actualidade.
Por
que se caracteriza a información de actualidade? As noticias de
actualidade adoitan ser redundantes: atopamos os mesmos feitos en
moitos medios diferentes ainda que o tratamento sexa diferente. Pero
incluso dentro do mesmo medio se lle da un tratamento diferente ás
noticias, xa que se lle da máis relevancia e importancia a unhas que
a outras, moitas veces cun criterio cambiante.
Según
Amat e Blasco, as principais características da información de
actualidade son as que seguen:
- Coincidencia episódica. Os medios publican as mesmas noticias a diario, que se repetirán en aqueles de publicacións máis tardías e mesmo en revistas, radio ou televisión. Esto débese a unha gran dependencia por parte dos medios das axencias e dos productores dos feitos que se constitúen en noticia, así como das espectativas que teñen ante a resposta da xente e o que esta espera.
- Redundacia ciclíca: os datos son previsibles porque adoitan responder a uns patróns temporais. Así, hai acontecementos que se repiten de xeito diario, outros semanais, mensuais ou mesmo anuais. Os xornalistas deben cubrir estes feitos, que son determinantes por seren actuais.
- Efecto Mateo: dáse un desequilibrio entre o tratamento da información relativa ás persoas, xa que os medios nomean en moitas ocasión a algúns personaxes «elixidos» e moi poucas ao resto, co que o coñecemento que os usuarios teñen dos mesmos non é equilibrado.
- Multiplicidade de soportes: teletipos, noticias impresas, gravacións radiofónicas, materiais audiovisuais e visuais, comunicados de prensa... os soportes aos que se pode recurrir son variados e dependen en gran medida do que se lle queira presentar ao usuario.
- Fragmentación da mensaxe: o ritmo de captación dos acontecementos determina cando son publicados e editados os mesmos, polo que as mensaxes informativas deben ser fragmentadas para chegaren con maior efectividade aos usuarios. Ademais, estas mensaxes adoitan ter unha estrutura en forma de tríptico, na que se da un previo (anuncio ou previsión), a propia noticia e a observación e valoración das reaccións. Ao mesmo tempo, poden xerar novas noticias, polo que é moi complicado seleccionar e analizar documentalmente un suceso se non se da unha perspectiva axeitada.
- Latencia: a pesares de que se adoita dicir que a información de actualidade caduca, esta permanece nun estado de latencia, isto é, calquera feito que se da por pechado pode reabrirse e devolverlle o protagonismo aos personaxes e aos feitos independetemente do antiguos que sexan.
- Documentos compostos: son, por exemplo, os textos con fotografías e gráficos, que pantexan dificultades de organización documental e de deseño de ferramentas de recuperación documental, pero que adoitan facilitar a comprensión por parte dos usuarios.
- Lei do mínimo esforzo: esta, que consiste en facer o máximo traballando canto menos mellor, perxudica gravemente a información elaborada e os tratamentos que se lle dan a esta.
- Estratificación de usuarios e usos: cada usuario demanda un produto diferente, polo que estes deben ser elaborados con especial coidado atendendo ao que cada persoa pensa obter.
- Relatividade de significado: según o contexto e as interpretacións dos usuarios, os documentos xornalísticos cambian de significado. Esto nótase especialmente na información audiovisual, onde o tratamento da imaxe pode darlle a esta un valor ou outro.A todo esto habería que engadir unha última característica: a omisión. De xeito voluntario ou involuntario, os xornalistas omiten información antes de presentar o seu produto final aos usuarios. Esto debe ser tido en conta polo documentalista, xa que algunhas omisións son detectables e subsanables no momento, pero non tempo despois. A omisión doxolóxica, na cal se oculta deliberadamente información tanto manipulativa como neutral (cando se dan por sabido certos datos), a agnóstiva, onde se omite o que se descoñece de xeito involuntario e afectando ao usuario, e a imposta, que se exerce por razóns alleas ao desexo do autor (espazo, tempo) , son os principais tipos de omisión a ter en conta.
FUNCIÓNS
As funcións da
documentación son variadas. Tendo en conta que a Documentación
informativa se engloba na Documentación, pódese dicir que a súa
meta principal está na mediación entre o creador da información e
aquela persoa que vai facer uso da mesma.
Félix del Valle
Gastamiza, que colaborou como autor no libro Teoría y práctica
de la documentación informativa, di que hai cinco funcións
básicas da documentación: verficiación, contextualización, apoio
visual, investigación e actuar como memoria.
En primeiro lugar,
define a verificación como a exactitude da información e a
corrección de datos. Os xornalistas ou as persoas que elaboren a
información que lle será transmitida aos usuarios deben correxir as
faltas ortográficas, delimitar un único idioma co que tratar a
información, ser preciso cos datos numéricos, ser
fiel aos discursos e non tergiversas as palabras
sacadas de declaracións de terceiros, non inventar datos que
dificulten o acceso á noticia...
Contextualizar é
para Félix del Valle utiliar datos complexos, cronoloxías ou
dossieres temáticos para apoiar a información que se quere facer
chegar aos usuarios. Deste modo, compleméntase a información
principal para facilitar a súa interpretación, sintentizándoa en
moitos casos e facendo un comentario que faga máis sinxelo o acceso
a datos moitas veces complexos pola linguaxe utilizada ou polo eido
do que proceden (como poden ser datos puramente cinetíficos para
unha persoa que non sabe nada deste ámbito).
A utilización de
fotografías, gráficos, infografías ou mapas para apoiar
visualmente a información proporcionada é un recurso moi utilizado.
Na radio, por exemplo, esto non é posible, máis na prensa escrita
e, sobre todo, na televisón, é unha técnica imprescindible.
Atopamos un claro exemplo nas gráficas sobre a intención de voto
das Eleccións Galegas do 21 de outubro.
A
documentación tamén constitúe un importante soporte da liña
editorial do medio. En función desta, os datos serán buscados cunha
finalidade determinada e expostos de maneira diferente.
Por
último, a investigación consiste para este autor en preparar e
editar o material propio ou redactar materiais que dará o medio,
como cronoloxías ou bigrafías de personaxes.
Félix
del Valle non é o único autor que se pronuncia sobre a función da
documentación informativa. Según Josefa Sabor, o «ciclo
da documentación é: identificar, organizar e archivar a información
para pasar de aí ao da súa transformación, síntese e difusión.
En suma, a documentación ten unha función activa, entregar ao
investigador o material que require xa organizado.»
Unha
última clasificación salientable das funcións da documentación
atopamola no libro citado anteriormente, do que Félix del Valle é
coautor xunto con outros como Gabriel Galdón, María Rubio ou David
Prada. Según este manual, a documentación xornalística ten as
seguntes funcións: previsoria (avisar sobre acontecementos que van
suceder); preparatoria (indispensable nas entrevistas e reportaxes,
permítelle aos xornalistas prepararse ante as noticias que van ter
que contar); crítico-verificadora, que ten ao mesmo tempo as
dimensións fáctica (que busca comprobar a exactitude dos datos
proporcionados), crítica (que pretende indagar sobre a verdade ou a
mentira escondida nas afirmacións vertidas sobre as personalidades
públicas) e semántica (que fai referencia á correspondecia entre a
verdade que se quere comunicar e a linguaxe empregada para a súa
divulgación); completiva (axuda a contextualizar adecuadamente os
acontecementos); lingüístico-clarificadora (a información debe ser
presentada con decoro e corrección); modélico-narrativa (atopar as
estruturas narrativas idóneas para cada medio); informativa propia,
que recurre aos obicuarios, ás semblanzas biográficas, aos recadros
verificativos e referenciais, aos recadros explicativos sobre
diversos temas e aos infográficos, ás cronoloxías, aos recadros de
antecendetes e ás axendas e dossieres entre outros para poder ser
levada a cabo; orientadora (que pode entenderse nunha das súas
vertentes como facilitadora de información para actuar en beneficio
da sociedade); profesional (actualización dos datos) e rectificadora
(fe de erratas).
A
documentación non ten unha función única, tal e como demostran as
clasificacións expostas. Non obstante, conter a información en
documentos para a súa consulta e satisfacer a necesidade das persoas
de coñecer o que as rodea é unha función clave que fai que o
futuro da documentación estea asegurado.
FINALIDADE
OU OBXECTIVOS
O
obxecto de estudo da documentación radica en reunir, organizar,
proporcionar e recuperar unha vasta información, rápida e
eficazmente, sobre un determinado tema.
O Tratado de
Documentación de Paul Otlet determina que a Documentación ten catro
obxectivos principais que son:
a) o rexistro do
pensamento humano e da realidade en elementos de natureza material,
chamados documentos;
b)a conservación,
circulación, utilización, catalografía, descripción e análise
dos documentos
c)a
elaboración de documentos complexos (secundarios ou terciarios) a
partir de documentos simple
d)
o rexitro dos datos de forma rápida, directa, exacta e sintética,
procurando un saber enciclopédico universal.
Para Cecilia Gaviria
de Mendoza, a función da documentación consiste en ofrecer unha
vista panorámica do incremento do saber humano e a de recuperar este
saber disperso coa máxima economía de tempo.
É dicir, defende que «a finalidade esencial da documentación,
quenqueira que sexa o seu utilizador, é a de crearse un cadro lóxico
no cal rexistrar e clasificar as ideas e os documentos recollidos a
fin de reencontralos rapidamente no caso de necesidade. É un
rexistro material que substitúa con ventaxa, sen desprazalo por
suposto, ao rexistro mnemotécnico.» (Este último consiste na
utilización da memoria para almacenar datos).
Estas
finalidades pódenselle aplicar á documentación informativa por ser
esta unha parte da Documentación.
Non
obstante, pódense buscar definicións desta. Así, hai autores que
afirman que ten por obxecto de estudo o proceso de transmisión das
fontes para a obtención dun novo coñecemento na investigación da
comunidade social e no traballo do seo da empresa informativa.
A
principal finalidade da documentación informativa sería, pois,
seleccionar, analizar, recuperar e difundir a información sen mermar
a súa calidade ou simplemente mellorándoa.
CENTRO
DE DOCUMENTACIÓN NUN MEDIO
O
proceso que todo medio debe seguir hoxe en día para conseguir
documentarse pode dividirse en catro partes según Cecilia Gaviria de
Mendoza:
1)
Escoller e seleccionar as fontes de información.
2)
Establecer un plan de clasificación conveniente.
3)
Crear un sistema de centralización ideolóxica que nos dea a
seguridade de atopar o
que
buscamos e reagrupamos en forma racional, e
4)
Estudar os medios de conservación.
O
organismo de documentación (centro, servizo) é un intermediario que
ten a misión de reunir e de clasificar os documentos para poñelos
ao alcance dos utilizadores despois de transformar normalmente a súa
forma de presentación. O plantexamento máis simple, tendo en conta
a finalidade do usuario de atopar coa axuda doutro ou por si mesmo o
que lle interesa nun momento determinado, sería contestar a estas
preguntas:
a)
Atopar qué? Encontrar o documento buscado.
b)
Atopar cómo? Mediante unhas técnicas que faciliten a súa búsqueda
rápida.
c)
Atopar onde? Nun centro de información
Así,
no Centro de Documentación dun Medio, búscase a información que
logo se transformará para poñela ao alcance dos usuarios ou
seguidores dese medio, de xeito que a súa comprensión sexa sinxela
e o acceso estea dispoñible para todos.
Poderíase
dicir que a Documentación relacionada coas Ciencias da Información
ten dúas vertentes. Por un lado, os profesionais acuden aos centros
de documentación de carácter científico ou investigador, onde usan
as fontes específicas de cada materia para elaborar o seu traballo.
Por outro, da lugar á creación de centros de documentación dentro
das empresas informativas, nas que os documentalistas manexan fontes
de información de temática xeral que serven para a produción de
noticias.
Polo
tanto, calquera empresa informativa que se precie deberá ter un
centro ou arquivo documental onde almacenar e documentar todo o
material que xera para a súa conservación, difusión e posible uso
no futuro. Estas son as tres principais funcións dos centros de
documentación nun medio, que ten como fin principal a realización
de economías de escala xa non no seo dunha mesma plataforma (prensa,
radio, televisión ou web) senón entre as distintas plataformas.
Tendo en conta que cada vez máis os medios poñerán os seus bancos
de imaxes e as súas bases de datos de texto completo na Web, a labor
do documentalista dos medios será desprazado cada vez máis cara
esta.
Os
documentalistas ocúpanse de administrar e coñecer a información
coa que os xornalistas traballan para presentala ante os usuarios. A
función destes variou debido á crise económica, a revolución
tecnolóxica da información e ao florecemento de movementos sociais
e culturais como a defensa dos dereitos humanos, o ecoloxismo e o
feminismo. Non obstante, os documentalistas seguen a ter como misión
principal xestionar a información dentro das organizacións
independentemente do medio no que esta se atope. Así, polos centros
de documentación dun medio pasa diariamente un gran fluxo de
información que debe ser analizada, fixada e mellorada para que a
produtividade da mesma sexa óptima.
Os
centros de documentación, ademais, caracterízanse porque están
cada vez máis virtualizados, polo que non necesitan almacenar
documentos analóxicos, senon organizar a base de datos dixital da
súa produción propia, xestionar coleccións de enlaces e contratos
de acceso a determinados proveedores de información dixital (por
exemplo, a Axencia EFE, Dialog, MyNewsOnline, NISearch...).
MAPA
CONCEPTUAL
BIBLIOGRAFÍA
Páxina
web da RAE
del
Valle Gastamiza, Félix: «Análisis y tratamiento documental en
medios de comunicacón en la era digital
del
Valle Gastamiza, Féliz: «La documentación en la empresa
informativa»
«Documentación
informativa. Definición y antecedentes.»
«Documentación
informativa. Historia de la Documentación»
Galdón,
Gabriel (coord.): Teoría
y práctica de la documentación informativa,
Barcelona, Ariel Comunicación, 2006
GAVIRIA
de MENDOZA, Cecilia: «La Documentación.»
Giménez
Toledo, Elea: Manual
de Documentación para comunicadores,Navarra,
Eunsa, 2007
«La
investigación digital. Capítulo 5»
«Historia
de la ciencia de la Documentación»
Serra
i Margarita Ceña, Eugènia:«LAS COMPETENCIAS PROFESIONALES DEL
BIBLIOTECARIODOCUMENTALISTA EN EL SIGLO XXI»
Soler
Monreal, Concha: «La
imagen de los profesionales de la informacion en la sociedad.»
Alumna:
Paula Quintás López
2º
Xornalismo
Etiquetas:
datos,
documentación,
documentalista,
información,
informativa,
xornalista
Suscribirse a:
Entradas (Atom)