sábado, 13 de octubre de 2012

A evolución de Internet


Pódese definir Intenet como rede de redes que permite a interconexión descentralizada de ordenadores a través dun conxunto de protocolos denominado TPC/IP. Esta rede permítenos acceder a información de xeito rápido, de maneira que documentarse está máis a man. Non obstante, débese ter coidado coas páxinas consultadas, xa que o feito de que estean a disposición de todos tamén se pode convertir dunha arma de quen pretende desinformar ou propagar datos erróneos. Ademais, dende a aparición de Internet, comunicarse xa non é algo caro e dificultoso, senón que moita máis xente pode falar con familiares ou amigos que vivan na outra punta do mundo sen que eso lle supoña un custo demasiado grande. A comunicación agora xa non corre a cargo do teléfono (cada día máis abandoado) nin das cartas que para moitos nin sequera chegaron a ser máis que unha felicitación de Nadal, senón de Skype, Viber, o correo electrónico e mesmo facebook, ferramentas gratuítas de comunicación instantánea na que se poden convinar imaxes, vídeos, son...
A orixe de Internet é militar. Durante o desenvolvemento da Guerra Fría, que enfrontou aos bloques occidental-capitalista (liderado por EEUU) e ao oriental-comunista (liderado pola URSS), tres universidades de California e unha de Utah lograron conectarse co coñecido como ARPANET, facendo a primeira demostración pública do que sería Internet. Co tempo, este servicio deixaría de ser unicamente militar e pasaría cobrar importancia nas universidades e outros eidos sociais, até chegar ao que é hoxe en día: un isntrumento da sociedade. En España, a primeira conexión non se realizaría até 1990.
Foi precisamente nesta década cando apareceron ferramentas de búsqueda de información como Gopher (Universidade de Minnesota, 1991), Veronica (relacionado con Gopher, Universidade de Nevada) ou Archie (Universidade de Montreal, 1990). Non obstante, sería coa aparición da WWW (World Wide Web) desenvolta polo físico do CERN Tim Berners-Lee e Robert Cailliau cando Internet viviría o seu máximo auxe. Este segue un modelo cliente-servidor no que se require un protocolo HTTP (que se comunica co servidor web), un enderezo URL (que representa a localización e o método de acceso a calquera recurso da rede) e unha linguaxe para representa-lo hipertexto HTML (ficheiro de texto que indicarán ao navegador como se visualizarán os documentos).
Internet converteuse nun elemento indispensable do noso día a día. Hoxe, a gran maioría dos que nalgún momento tiveron acceso ao mesmo negaríanse a prescindir del de forma voluntaria. Case todo o mundo, cando menos nunha franxa de idade concretada entre os adolescentes e as persoas de terceira idade, ten un ordenador local dende o que conectarse con outros e do cal lle costaría moito desfacerse. A que se debe esto? Internet facilitou moito a vida das persoas, fíxoa máis sinxela. Actualmente, pódese incluso pedir cita para o médico sen nen sequera levantarse da cadeira de brazos da casa.
Fálase da Web 2.0 e da Web 3.0 pero, en que consisten? A primeira ten tres trazos identificativos, que son os novos mecanismos de relación e comunicación, a utilización de estándares web para a creación de servicios distribuidos en Internet e a mellora dos interfaces. Este termo que se cmezou a usar en 2004 ven a dicirnos que os usiarios engaden valor. Agora non se trata de buscar, senón de aportar; non se trata de ler, senón de escribir para compartir. Os usuarios da rede deixan de ser pasivos para convertirse en parte activa. En canto á Web 3.0, vai un paso máis alá e convértese nunha especie de modo de vida. Este termo asóciase ao concepto de web semántica que se desenvolve baixo a tutela de Tim Berners-Lee, e caracterízase polos mundos virtuais, a representación de avatares, os xogos integrados, o fluxo de todos os medios...

Somos dependentes desta rede? Ata certo punto, sí. Pasamos de telo nos ordenadores e conectarnos na casa, no instituto ou no traballo a levalo constantemente connosco no móbil. Afixémonos a un modo de vida no que constantemente, consultamos o que acontece no mundo virtual, esquecendo moitas veces que a verdadeira vida se desenvolve no mundo real.

No hay comentarios:

Publicar un comentario